A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Galicia xa conta con 3.000 hectáreas certificadas PEFC no Camiño

Galicia xa conta con 3.000 hectáreas certificadas PEFC no Camiño

Galicia xa conta con 3.000 hectáreas de bosques ao longo das distintas rotas do Camiño de Santiago que contan co certificado PEFC, o sistema de certificación forestal máis implantado no mundo.

“O obxectivo de PEFC é asegurar que os montes sexan xestionados de forma responsable, e que a súa multitude de funcións estean protexidas para xeracións presentes e futuras. Por iso promovemos un Camiño que poidamos gozar da beleza dos nosos montes, da diversidade de especies, dos seus valores culturais e patrimoniais e dunha xestión activa que posibilite o freo ao abandono do rural creando un tecido económico, produtivo e social estable vinculado ao monte e ao sector forestal”, explican dende a organización.

Neste sentido, en Galicia xa hai arredor de 3.000 hectáreas certificadas PEFC ao longo das distintas rutas do Camiño, cun total dunhas 2.000 parcelas nas que os valores PEFC se atopan presentes.

“Os propietarios de pequenas superficies forestais son parte fundamental de PEFC. Isto é o que fai que PEFC sexa unha certificación alcanzable e práctica para os propietarios galegos do que da boa proba que dos 32.900 propietarios ou xestores forestais certificados a nivel nacional, 25.000 son galegos”, destacan desde a entidade.

Galicia conta con máis de 70.000 parcelas forestais certificadas PEFC e unhas 160.000 ha de monte certificadas, un cifra que teñen previsto que se incremente nos próximos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *