A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Fima, a principal feira de maquinaria agrícola de España,iníciase este martes 20

O evento congregará a 1.500 firmas expositoras e máis de 200.000 visitantes de toda a península

Fima, a principal feira de maquinaria agrícola de España,iníciase este martes 20

A principal feira de maquinaria agrícola de España, Fima, que se celebra en Zaragoza, iníciase este martes 20 de febreiro e prolongarase ata o sábado 24. No certame haberá máis de 1.500 firmas expositoras, entre as que figuran unha vintena de empresas galegas, e espérase a presenza de máis de 200.000 visitantes profesionais.

O certame contará cunha superficie expositiva de 160.000 metros cadrados, na que se darán cita as principais firmas fabricantes e comercializadoras de maquinaria agrícola. Fima contará tamén cunhas xornadas técnicas que inclúen 30 ponencias e nas que se espera a participación de arredor de 4.000 visitantes profesionais.

As xornadas abordarán innovacións en tres áreas temáticas: regadíos, agricultura de precisión e tendencias en fertilización e protección vexetal. A feira acollerá un ano máis o Foro de Desarrollo Rural, así coma o Encuentro Sectorial de Innovación y Riego Agrícola. Ambas xornadas comenzarán o martes 20 de febreiro, día da inauguración da feira a cargo do rei de España, Felipe VI.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *