A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Figan congrega a máis de 900 expositores do sector gandeiro ata este venres

Figan congrega a máis de 900 expositores do sector gandeiro ata este venres

Inaguración da Feira Internacional para a Produción Animal Figan 2019, que se celebra en Zaragoza.

A Feira Internacional para a Produción Animal Figan 2019, inaugurada na xornada de onte, será ata o venres o epicentro da innovación, a investigación e o debate do sector agropecuario.

Nesta 14º edición, concéntranse en Zaragoza un total de 975 expositores dos que 394 son firmas estranxeiras. Precisamente, Manuel Teruel, presidente da Feira de Zaragoza, organizadora da cita, destacou o aumento do número de expositores estranxeiros no certame. Teruel tamén aproveitou para reiterar “a importancia do sector da gandaría en España”, o que converte a Feira de Zaragoza en referente do ámbito agropecuario a nivel nacional e internacional.

A innovación tecnolóxica, a sustentabilidade e o benestar animal están a ser algúns dos eixos da feira

Un dos eixos fundamentais desta cita agropecuaria está a ser a innovación tecnolóxica, incluíndo desde novas técnicas de extracción e inseminación de porcos aos modelos máis innovadores para alimentar o gando.

Tamén a sustentabilidade e o benestar animal están a ser asuntos claves nas sesións técnicas que se levan a cabo no marco da feira. Así, na xornada de onte abordouse a nova regulación sobre declaración de antibióticos, un dos temas que máis preocupan aos gandeiros. Outra das sesións que espertou maior interese dos profesionais centrouse nos retos de futuro que se lle presentan á veterinaria e gandaría sustentables en Aragón.

Preto de 1.000 cabeza de gando

Un dos espazos máis concorridos da feira está a ser o pavillón 7, que acolle a exposición de animais, que congrega a exemplares de distintas razas de interese para o sector. Nesta edición, contan con ao redor de 1.000 cabezas de gando de varias especies.

Precisamente, no marco do programa da Federación Española de Asociacións de Gando Selecto, na xornada de onte fíxose entrega dos premios de criadores de ovino de raza rasa aragonesa. Tamén na xornada de onte entregáronse os premios do Concurso de Novidades Técnicas e os Premios Excelencia Figan 2019 que buscan recoñecer aspectos técnicos innovadores nas explotacións agrarias de bovino, ovino, avícola e porcino.

Ademais, na xornada inaugural participaron a Delegada do Goberno en Aragón, Carmen Sánchez, o Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación do Goberno de España, Fernando Miranda, e o Conselleiro de Desenvolvemento Rural e Sustentabilidade do Goberno de Aragón, Joaquin Olona, que acompañaron ao presidente de Feira de Zaragoza, entre outras autoridades, na visita dos pavillóns.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información