A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Feiraco lanza ao mercado a súa nova gama de leite Únicla

Tras varios anos de investigación e desenvolvemento, FEIRACO alcanza os volumes suficientes de produción de leite ÚNICLA que lle permite abastecer a toda a rede de distribución nacional

Feiraco lanza ao mercado a súa nova gama de leite Únicla

Feiraco lanza ao mercado nacional a súa nova gama Únicla. Un produto Premium, único na súa categoría, de alto valor engadido, que busca posicionarse á cabeza dos leites clásicos polo seu sabor diferenciador. Varios anos de investigación permitíronlle a Feiraco alcanzar os volumes suficientes de produción para, agora, fornecer os puntos de venda de toda España.

Merecedora do Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa, en 2009, o seu carácter diferenciador débese a que o leite Únicla é o resultado de esmerar o coidado das nosas vacas, conseguindo os beneficios dos pastos de primavera e outono durante todo o ano e completando a dieta animal cun suplemento sobre a base de sementes de liño. Esta alimentación supón unha notable
mellora no benestar animal, o que se traduce nun produto 100% natural e o sabor do leite de antes.

Únicla, leite Premium único na súa categoría

Únicla é un leite único e diferenciado polo seu SABOR, que nos ofrece nas súas tres variedades Enteira, Semidesnatado e Desnatado o exquisito sabor do leite de toda a vida e se posiciona no mercado nacional como referente na súa categoría. Ademais, desenvolve a especialidade ‘sen lactosa’ coas súas dúas referencias, Semidesnatado e Desnatado, ampliando así a cinco o abano de referencia de Únicla.

Un leite de sabor superior

Únicla é un leite de sabor superior tal e como o constata o Test de Consumidor realizado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre un Panel de Consumidores relevante e que enfrontaba a Únicla con dúas marcas líderes do mercado nacional.

Ven de recibir o  premio International Taste Adward

Ademais, acaba de ser galardoada co premio International Taste Adward, recoñecemento anual que avala que é o leite de sabor superior entre todas as da súa categoría. Está convocado polo International Taste & Quality Institute e considerado como a “Guía Chicha” dos produtos alimenticios. O xurado, reunido en Bruxelas, está composto por xefes de cociña e soumillers de prestixio internacional e concedeu a máxima puntuación (3 estrelas de ouro) ao leite Únicla.

Nova imaxe de marca

Únicla aborda o mercado nacional acompañada da súa nova identidade visual. Unha imaxe diferenciadora que permitirá ao consumidor percibila como un leite superior. Así, o novo packaging é un reflexo da esencia de Únicla: un produto Premium que se define como o leite de mellor sabor. É por iso que cada un dos elementos representados na súa imaxe de marca foron sumamente coidados para responder ás esixencias dun produto único no mercado.

Una idea sobre “Feiraco lanza ao mercado a súa nova gama de leite Únicla

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *