A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Evialis reúne a máis dun cento de gandeiros en Lugo para informar sobre nutrición, seguridade alimentaria e principais patoloxías do sector vacún

Evialis reúne a máis dun cento de gandeiros en Lugo para informar sobre nutrición, seguridade alimentaria e principais patoloxías do sector vacún

Xornada de Evialis en Lugo.

Evialis Galicia, empresa especializada en alimentación animal, organizou este venres en Lugo unha xornada técnica baixo o título “Nutrición e patoloxías do vacún de carne”, ao redor da cal congregou a máis dun centenar de asistentes.

O foro, dirixido principalmente a gandeiros e a profesionais do sector, abordou cuestións relacionadas cunha correcta nutrición do gando, coa seguridade alimentaria dos pensos e tamén ofreceu claves para un adecuado coidado das instalacións e un manexo óptimo das granxas. Paralelamente, tamén abordou as principais patoloxías do vacún de carne.

Nesta xornada técnica participaron como relatoras, Nacho Peón, veterinario do Servizo Técnico de Zoetis, que ofreceu unha conferencia titulada Patoloxías respiratorias e dixestivas. A continuación César García, veterinario de rumiantes de carne de Nutricor, abordou a cuestión Alimentación e manexo de vacún de carne en intensivo.

Xunto a isto, o foro incluíu unha conferencia sobre Normativa I.X.P Tenreira Galega, Vaca e Boi de Galicia impartida polo director de Promoción e Relacións Externas de Tenreira Galega, Luís Vázquez. Finalmente, o director técnico de Evialis Galicia, Antonio Pereiras, e a responsable de calidade da empresa, Susana Piñeiro, ofreceron un relatorio titulado Control e seguimento de calidade: materias primas e pensos.

Tal e como sinala Francisco Nomdédeu, director xeral de Evialis Galicia, con esta xornada “a compañía centra a súa atención nun sector estratéxico para a nosa Comunidade, que é a terceira en produción de carne de vacún, con 86.800 toneladas anuais”. Esta cifra supón, segundo destacou o director xeral da empresa, “o 4,3% do total nacional, que ascende a 606.600 toneladas anuais derivadas do sacrificio de 2.302.089 cabezas”.

Liñas de produto

Evialis Galicia sustenta na súa alta capacidade tecnolóxica e na profesionalidade dos seus técnicos o deseño e fabricación dunha completa gama de pensos, estandarizados ou personalizados, baseados en programas nutricionais específicos capaces de satisfacer as máis altas esixencias dos seus clientes.

Neste sentido, o rango de produtos que Evialis comercializa abarca vacún de leite e de carne, avicultura, porcino e cunicultura. Ademais, a empresa lanzou recentemente ao mercado unha completa gama de pensos para cabalos, baixo a marca Equifood. Xunto a isto, outros dos seus produtos comercializados inclúen leites maternizadas, suplementos, complementos minerais e pensos para mascotas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información