A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Estratexias Kenogard de control de malas herbas e pragas de solo no millo

Estratexias Kenogard de control de malas herbas e pragas de solo no millo

Cultivo de millo. / Arquivo.

Kenogard segue apostando por incorporar novidades aos seus catálogos de cultivos extensivos. Neste espírito de mellora continuamos traballando por reforzar o noso catálogo de solucións para millo, coa incorporación de KenoTrin® Geo, insecticida granulado para control de pragas de solo, que se une ás novidades herbicidas introducidas nos últimos anos, coa exclusividade en catálogo de Permit®, herbicida de alta eficacia para control de xuncias, entre outras malas herbas.

Control de pragas en millo

Kenotrin® Geo é un insecticida dirixido ao control de pragas de solo como vermes grises (rosquillas, agrotis) e vermes de arame e brancos. Caracterízase polo seu forte efecto de choque e persistencia en solo, actúa por contacto e inxestión, e exercendo un efecto barreira de protección da semente, pois presenta unha importante acción repelente.

Este insecticida, Kenotrin® Geo, formúlase como un microgránulo de tamaño homoxéneo e con ausencia de po, coa tecnoloxía “ G Plus” que actúa como protección do produto, e que modula a súa liberación ao medio. Esta formulación permite combinar a rapidez de acción xunto cunha adecuada persistencia no chan, incrementando o período de protección do cultivo.

Kenotrin® Geo está autorizado en cultivos como millo e pataca, entre outros, a unha dose de 10-15 kg/ha, estando recomendada a súa aplicación no momento de sementeira. Unha vez no solo, o produto caracterízase pola súa baixa solubilidade, non véndose afectado por posibles lavados de choivas.

Se ao longo do cultivo se desen problemas doutras pragas aéreas, como pulgóns ou orugas defoliadoras, a recomendación será de realizar aplicacións foliares alternando con Sumidelta®, Permasect® e Kenotrin WG®.

Control de malas herbas en millo

Absorción de Permit en xuncia.

Absorción de Permit en xuncia.

Para o control en post-emerxencia de malas herbas no millo, Kenogard dispón dun amplo catálogo de produtos, onde hai que destacar a presenza de Permit®.

Permit® é un herbicida especializado no control de xuncia ( ‘Cyperus rotundus’ e outras ciperáceas) e con efecto tamén sobre algunhas malas herbas de folla ancha., como ‘Abutilon sp.’, ‘Xanthum sp.’ ou ‘Diplotaxis sp.’

A aplicación de Permit® debe facerse co cultivo entre 2 e 8 follas e en post-emerxencia das malas herbas á dose de rexistro de 40 g/ha. A súa absorción prodúcese tanto polas follas como polas raíces e tubérculos da xuncia, acumulándose nas zonas de crecemento activo ( brotacións, rizomas e tubérculos), co que grazas á súa alta eficacia, conséguese a redución progresiva da infestación desta mala herba de tan difícil control. Os efectos visuais de Permit® poden tardar ata tres semanas en ser percibidos, aínda que durante este período a xuncia xa detivo o seu crecemento. Nas plantas afectadas verase como as follas centrais amarillean, producíndose necrose nas zonas de crecemento, evitando así que se produzan rebrotes das mesmas.

Envase de Permit.

Envase de Permit.

Permit® está especialmente indicado para parcelas cunha alta infestación de xuncia, sendo a solución máis eficaz actualmente no mercado. Para un control total das malas herbas emerxidas recoméndase a súa aplicación combinada con Herbikon®, novo herbicida que combina 3 substancias activas con modos de acción complementarios, asegurando un alto control tanto de malas herbas gramíneas como de folla ancha.

Ademais de Permit® e Herbikon®, Kenogard dispón doutros herbicidas con rexistro no cultivo, como Redier®, Shiver®, Cribis® ou Oceal®, que aplicados sós ou combinados en función das malas herbas presentes, son unha excelente solución aos problemas de malas herbas que afectan a rendibilidade do cultivo de millo, facilitando o uso de diferentes familias químicas e reducindo os posibles riscos de aparición de resistencias.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información