A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Enervin®, a nova familia de produtos para combater o mildiu en viñedo

Publicidade
Enervin®, a nova familia de produtos para combater o mildiu en viñedo

Presentación de Enervin en Cambados

A multinacional BASF presentou o pasado venres en Cambados a Enervin®, a súa nova familia de produtos para combater o Mildiu en viñedo

Ante un público composto por profesionais do sector vitícola, Lidia Paredes Cañadas, Crop Manager de Viña e Froiteiras, e Miquel Sans, responsable técnico de BASF España para Viñedo, informaron dos avances que supoñen os produtos da familia Enervin® de cara a lograr un acio perfecto.

Neste sentido, Miquel Sans destacou que o tres produtos da familia Enervin® -Enervin Top, que foi presentado o pasado ano, e os novos Enervin Pro e Enervin Duo SC- “comparten que teñen Initium®, unha nova materia activa rexistrada por BASF e que presenta como principal novidade que é de carácter preventivo e específica para oomicetos, a familia botánica á que pertence o mildiu, provocando a morte do fungo ao inhibir a súa actividade enerxética”.

Ademais, ao tratarse dunha nova molécula, “non provoca resistencias cruzadas, polo que se pode empregar sen problemas con outros fitosanitarios”. Outras vantaxes da familia Enervin® son, segundo Miquel Sans, “a súa baixa toxicidade para o ser humano e para o medioambiente e a súa alta efectividade na prevención e loita contra as enfermidades fúnxicas”.

Esta alta eficiencia, comprobada en distintos estudos, baséase en que a molécula Initium® adhírese moi ben ás ceras das follas, do pedicelo e das uvas da vide, co que resiste ao lavado pola choiva ou polo orballo. Isto permite que actúe durante un longo período e que sexan necesarios menos tratamentos, co aforro económico e menor risco fitosanitario que isto supón para o viticultor.

En canto aos resultados, o responsable de BASF explicou que “realizamos un ensaio de campo o pasado ano en Llodio, en Áraba, e os resultados foron moi positivos”.

3 produtos para 3 momentos diferentes da vide

Enervin Pro: É un produto sistémico indicado para inicio de brotación, que reforza e activa as defensas da viña.

Combina Initium® con Fosfonato Potásico (KHP) como materias activas. Este último é de rápida absorción, activando o mecanismo de defensa natural da planta, de forma que pode afrontar mellor o fungo.

No estudo realizado por BASF o pasado ano Enervin Pror mostrou un mellor comportamento que os outros produtos estándares existentes no mercado. Así, nunha situación na que a parte do viñedo sen tratar era do 100% de afectación, a frecuencia de aparición de mildiu en folla na parte do viñedo tratada con Enervin Pro foi do 27% en folla e do 13% en acio. Sen embargo, co produto estándar sobe ao 37 e ao 19% respectivamente a porcentaxe de vides afectadas por mildiu.

Enervin TOP: Ideal para aplicar en floración para previr a aparición de mildiu. Recoméndanse ata 3 aplicacións cada 10 ou 12 días, cunha dose de 2,5 quilogramos por hectárea.

Neste caso, a conxunción de Initium® máis Metiram, a outra materia activa, forma unha barreira protectora por contacto que illa do mildiu a todo o tecido vexetal, tanto follas como bagos.

“Combina unha dobre protección preventiva ante o mildiu, para estar sempre seguro. De feito, o estudo que realizamos confirma a súa eficacia. Así, ante un ataque de mildiu, na parte sen tratar da finca de ensaio o 80% das plantas tiveron un ataque severo, pero na que tratamos con Enervin Top baixou ao 11% no caso de acio e ao 2% en folla, mentres que cun tratamento doutro funxicida estándar o grao de afectación subiu ao 19% en acio e ao 5% en folla”, explicou Miquel Sans.

Enervin Duo SC: está indicado para os momentos de máxima presión do Mildiu, a partir de que o froito está callado e ata o envero. Neste sentido, xunto ao poder preventivo de Initium®, este produto incorpora o poder curativo do Dimetomorf (DMM), para anos complicados con elevada humidade.

“Initium® adhírese á capa cerosa de follas e bagos, mentres que o DMM penetra na folla e difúndese aos puntos próximos”, explican desde BASF.

En canto ao modo de aplicación, recoméndase realizar unha nos momentos de máxima presión do Mildiu, cunha dose de 1 litro por hectárea. Non presenta tampouco problemas de resistencias ao mesturarse con outros produtos.

Miquel Sans: “Nos ensaios a eficacia de Enervin foi superior á doutros antifúnxicos”

Os resultados en campos de ensaio tamén confirman a eficacia do produto. Así, nunha parcela da Rioxa, localizada en Alcanadre, o cultivar -da variedade Tempranillo- sen tratar rexistrou unha incidencia de mildiu do 100%. Porén, na parte tratada con Enervin Duo a porcentaxe de severidade baixou ao 16% en folla e ao 1% en acio, uns datos que soben na parte de viñedo na que se empregou un funxicida estándar ata o 22% e 17%, respectivamente.

“En resumo, este tres produtos da familia Enervin® permiten unha protección da viña fronte ao mildiu nas distintas etapas, desde a floración ata o envero, de forma eficaz para lograr o acio perfecto e con total seguridade para o operador, para o medioambiente e para o consumidor”, concluíu Lidia Paredes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información