A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ENCE salienta que a suba do prezo internacional da celulosa incide positivamente no prezo da madeira galega

ENCE salienta que a suba do prezo internacional da celulosa incide positivamente no prezo da madeira galega

As novas tarifas de Ence para a compra de madeira de eucalipto inclúen unha prima vinculada ao prezo internacional da celulosa. As tarifas de compra de madeira de Ence, que se poden consultar na páxina web de Ence e no sitio da empresa para produtores forestais, afondan así na vinculación do prezo da madeira ao da fibra a partir da que se produce o papel. Esta indexación do prezo da madeira ao prezo da pasta estivo presente nas negociacións coas asociacións de produtores e propietarios forestais nos últimos anos.

Ence comezou a vencellar os prezos da madeira e a celulosa no ano 2011. Unha gran parte dos produtores, as empresas subministradoras e Ence entenden que o prezo da madeira estea vencellado directamente co prezo da pasta de papel. Con iso garánteselles aos produtores forestais o acceso aos beneficios económicos dos ciclos altos de prezos e garántase asemade a competitividade do sector, cun esquema flexible e transparente que permita contraer estas primas nas épocas nas que os descensos da demanda global de celulosa obriguen a axustar os prezos en orixe para manter a penetración nos principais mercados europeos.

Transparecencia e claridade no prezo da madeira

O custe da madeira aproxímase ao 60% do valor final dunha tonelada de pasta de papel. A creación de novas fábricas de celulosa en Latinoamérica e mailo Sudeste asiático incrementou a competencia global no sector. O traballo conxunto dos diferentes elementos da cadea forestal en Galicia e o norte de España é para todo o sector a única estratexia que permitirá asegurar o aproveitamento das vantaxes do norte de España.

Transparencia e claridade no prezo da madeira, e unhas regras de xogo claras e pensadas para a xeración de relacións baixo un esquema no que os ciclos altos dos prezos da pasta beneficien tanto á industria transformadora coma aos produtores de madeira, son para Ence fundamentais á hora de acadar este obxectivo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información