A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A empresa galega Embriovet forma a estudantes en Perú para transferencia embrionaria

A empresa galega  Embriovet forma a estudantes en Perú para transferencia embrionaria

Daniel Bello e Puri López en Perú

A empresa galega Embriovet culminou recentemente o programa de capacitación de veterinarios peruanos para realizar transferencia embrionaria de embrións en gando vacún.

Daniel Martínez e o seu equipo desprazouse o pasado mes á rexión peruana de Cajamarca para impartir esta formación, grazas a un convenio entre a ONG Kaipacha Inti e o Gobierno de La Rioja. Esta acción enmárcase dentro do Proyecto Ganadero, que busca mellorar a produción láctea de Perú nos próximos anos.

Cajamarca é a primeira rexión produtora de leite de vaca no país andino, con ganderías de tamaño pequeno, de entre 10 e 20 vacas, e alimentadas en base a pasto. A media do uso de inseminación artificial na rexión é na actualidade moi baixa, do 15 %, polo que existe un amplo potencial para a mellora da cabana gandeira e dos sistema de manexo, para o que contan coa colaboración da empresa galega Embriovet.

O proceso de formación desenvolveuse en tres etapas. Nas dúas primeiras etapas xestionouse a viaxe de tres integrantes do corpo técnico do Proyecto Ganadero a España, en concreto a Galicia, onde levaron un training intensivo que incluíu: a visita de centros de explotación de embrións, o estudo de sistemas de explotación modernos e a formación práctica en cada un destes lugares.
.
Para a última etapa, que ten unha duración de 8 días, considerouse que o equipo técnico desenvolva in situ todas as tecnoloxías aprendidas e practicadas. “A verdade é que estamos a constatar que son perfectamente capaces de replicar o proceso, polo que o podemos considerar un éxito”, manifestou o veterinario Daniel Martínez, representante de EmbrioVet, empresa encargada do proceso de formación.

Unha rexión cun enorme potencial gandeiro

Tamén agregou que Cajamarca ten un enorme potencial gandeiro debido ás particulares condicións que existen para a mellora do gando na rexión.

“Polo que coñezo do programa que se vai a implementar atendendo todas as áreas, non só a xenética en si, senón tamén os outros aspectos da produción como a sanidade, a alimentación ou o manexo en xeral, creo que a posibilidade de mellora é tremenda”, afirmou.

Dentro do Proyecto Ganadero está incluído a construción do Centro Genético, que actualmente presenta un avance físico do 60%, nestes novos ambientes de perfeccionará o proceso de transferencia de embrións, o que á súa vez permitirá que preto de 20 mil produtores poidan acceden a cada un dos seus servizos.

“Na nosa experiencia vimos de Galicia, unha rexión con moitas similitudes ao que estamos a ver aquí, e que hai 30 anos empezou un programa destas características e o resultado foi espectacular. O que ocorre é que é lento, o traballo con vacas tarda tempo en verse. Iso significa que é un investimento a longo prazo, pero ao cabo de 5 ou 7 anos xa poden verse os resultados” finalizou, Daniel Martínez.

Daniel Martínez con algúns dos alumnos

Daniel Martínez con algúns dos alumnos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *