A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Embriovet empeza a ofrecer un servizo de asesoramento xenético integral ás gandarías de vacún de leite

Embriovet empeza a ofrecer un servizo de asesoramento xenético integral ás gandarías de vacún de leite

Visita a Embriovet de gandeiros da Pastoriza

A empresa galega Embriovet comezou a ofrecer ás gandarías de vacún de leite un servizo independente de asesoramento xenético integral para mellorar a rendibilidade do rabaño.

“Trátase dun asesoramento global para mellorar a xenética do rabaño, que pode incluír ou non o emprego de transferencia embrionaria, e que contempla tamén variables económicas para que o gandeiro vexa o investimento que vai realizar, e o retorno que vai ter nos seguintes anos dentro dun programa planificado de mellora xenética”, destaca Daniel Martínez Bello, cofundador de Embriovet.

O servizo, cuxo prazo de contratación é dun mínimo de 1 ano e que inclúe polo menos dúas visitas in situ anuais e asesoramento telemático, permite deseñar un programa global de mellora xenética para cada explotación, adaptado aos seus obxectivos e cun seguimento no tempo.

“Vemos que coa difusión da xenómica nos últimos anos e a realización de xenotipados xéranse moitos datos e moita información que necesita ser ben xestionada e interpretada por un profesional para tomar decisións adecuadas ao programa de mellora xenética de cada gandaría. Tamén que moitas veces o gandeiro gasta moito diñeiro na compra se seme pero que non ten o retorno que debería”, engade Daniel Martínez Belo.

Este servizo de asesoramento xenético de Embriovet xa está implementado en diferente grao en varias explotacións de Galicia e do resto de España e de forma integral en 10 gandarías. Entre elas destacan varias explotacións de vacún de leite de Dos Torres, no Valle de los Pedroches (Córdoba), onde varios gandeiros uníronse para contratar á empresa galega un programa integral de mellora xenética.

Dúas gandarías da Pastoriza interésanse por este novo servizo

O novo servizo de Embriovet tamén esperta interese entre os gandeiros galegos. Así, este martes dúas gandarías da Pastoriza (Marrote SC e Verica SC) visitaron a sede a empresa en Betanzos para coñecer este servizo.

“As inquedanzas destas dúas granxas son mellorar o máximo posible a xenética e facer un investimento máis axeitado para rendibilizar máis o gasto que se fai en xenética. Tamén adecuar as producións ao que demanda a industria láctea: máis calidades do leite, menos patoloxías das vacas e maior benestar animal”, explica Omar Martínez Álvarez , veterinario das dúas granxas.

No caso de Marrote SC é unha unha gandería de 60 vacas en muxido que vende o seu leite a COVAP e ten previsto aumentar cabana e produción nos próximos anos. Pola súa banda, Verica SC vende o leite a Queserías Entrepinares e o seu obxectivo tamén é seguir aumentado as calidades e o número de animais en produción.

“O obxectivo común das dúas é aumentar a lonxevidade das vacas, as calidades do leite e o benestar animal, e nos dous primeiros aspectos é fundamental a mellora xenética e contar cun bo asesoramento”, subliña Omar Martínez Álvarez

Para máis información:

administracion@embriovet.es

Teléfono: 649 239 488

https://embriomarket.com/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *