A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Embriovet & Embriomarket estará presente en Agropec e no Concurso Nacional Conafe que se celebran en Asturias

Embriovet & Embriomarket estarán presentes en Agropec 2015, Feira do Campo, en Xixón do 25 ao 28 de Setembro no Recinto Feiral Luís Aldaro e no Concurso Nacional Conafe 2015.

AGROPEC 2015_def

Embriovet & Embriomarket estarán presentes en Agropec 2015, Feira do Campo, en Xixón do 25 ao 28 de Setembro no Recinto Feiral Luís Aldaro e no Concurso Nacional Conafe 2015.

Presentamos novidades importantes nos nosos servizos e produtos: O Deseño do Programa Xenético da túa explotación, no que se realiza unha planificación de que investimento debo realizar, de que modo, en que fases e que custo podo asumir en xenética para facer que a miña gandería gañe economicamente.

Dispoñemos dun amplo catálogo de embrións Holstein de pedigrís profundos, de índices moi destacados con prezos moi especiais só para feira e un novo sistema de adquisición: sistema de preñez garantida. As máximas garantías para a túa compra.

Dispoñemos dunha ampla oferta de embrións en razas de carne e informámosche en profundidade para que decidas cal se adapta ao teu proxecto.

Ademais ofrecemos un sistema totalmente personalizado de contratación e xestión da túa póliza de Agroseguro, totalmente financiado sen custo adicional. Ven a informarche de porqué somos diferentes. Ofrecemos o estudo, en colaboración co Banco Pastor, para a procura e obtención de financiamento dos vosos proxectos e investimentos.

Esperámosvos, conscientes do sacrificio que supón nestes momentos, mantendo a ilusión e a confianza no triunfo do bo facer.

Podedes solicitar a vosa invitación gratuitamente en administracion@embriomarket.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *