A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Dúas ganderías modelo na mellora de graxa e proteína do leite

Unha granxa estabulada de Monterroso, Casa Grande de Fente, e outra en pastoreo de Rodeiro, Casa Lameiro, destacan polos aumentos de calidades nos últimos anos, un logro que se debe en boa medida ó uso do penso complementario Complet G-P

Dúas ganderías modelo na mellora de graxa e proteína do leite

Luis Quintá, de Casa Lameiro, con parte do seu gando nos pastos.

Aumentar as calidadades do leite e mantelas estables ao longo do ano é unha das cuestións de manexo que máis preocupa ás ganderías nos últimos tempos, pois as esixencias do mercado e as primas pagadas polas industrias lácteas obrigan a elo. Falamos con dúas granxas que se distinguiron nos últimos anos por unha mellora sustancial dos seus niveis de graxa e proteína, unha gandería estabulada de Monterroso (Lugo), Casa Grande de Fente, e outra en pastoreo de Rodeiro (Pontevedra), Casa Lameiro. Ambas empregan o Complet G-P, un penso complementario para mellorar as calidades.

O caso máis chamativo é o de Casa Lameiro, unha gandería en pastoreo que sufría no verán tradicionais baixadas de calidades, quedándose nuns 3,50 de graxa e en 3 de proteína. Froito da preocupación por mellorar eses parámetros, a gandería optou a inicios de xullo do pasado ano por comezar a aportarlle ós animais medio quilo de Complet G-P por vaca e día.

“En dous meses, melloramos 7 décimas de graxa, pasando dun 3,49 a 4,16, e 3 décimas de proteína” (Luis Quintá, Rodeiro)

“En dous meses melloramos case 7 décimas de graxa, pasando dun 3,49 de graxa o 4 de xullo, día no que comezamos, a picos de 4,16 en setembro”, explica Luis Quintá, de Casa Lameiro, que xestiona a gandería conxuntamente con seu pai, quen se ocupa do día a día. “En proteína, a mellora foi dunhas 3 décimas, de 3 a 3,30”, sinala.

En canto a medias mensuais, só no primeiro mes de aportación do produto, Casa Lameiro pasou de 3,53 de graxa de xuño a 3,75 de xullo, e de 3,03 de proteína a 3,18.

Tanto no verán como no inverno, a gandería complementa o pastoreo cunha ración de carro que vai variando en función da dispoñibilidade de pasto, pero aínda así, o verán viña sendo tradicionalmente unha época complicada para o rabaño. “O ano pasado, estabamos co carro desde mediados de maio, complementando o pasto sobre todo con millo e 7 quilos de penso, con punteos, pero chegamos a xullo con menos do 3,50 de graxa e cun 3 de proteína”, lembra Luis.

A incorporación de 0,5 quilos de Complet G-P á ración consolidou unha mellora exponencial, polo que a explotación decidiu manter o produto na ración ininterrumpidamente desde comezos de xullo do pasado ano ata febreiro deste ano.

“Para a primavera decidimos parar temporalmente de dalo, xa que os animais están moitas horas fóra e teñen unha alimentación con menos enerxía. Pensamos que este complemento é bo aportalo cando as vacas teñen unha suficiente inxesta de enerxía”, explica Luis Quintá, de Casa Lameiro. A explotación ten previsto retomar o uso do Complet G-P en breve, en canto os pastos perdan proteína e se fagan máis fibrosos, e mantelo na ración igual que o pasado ano, ata a próxima primavera.

Beneficios
A mellora das calidades é unha cuestión de rendibilidade para a granxa, pois a empresa que lles recolle, Peñasanta, paga un suplemento de 3 euros por décima de graxa que sobe de 3,70 e outro tanto por décima de proteína que pasa do 3,20.

Outro punto importante para a granxa é a mellora que experimentaron co Complet G-P en aspectos como a recría e a fertilidade. “No verán sempre tiñamos dous meses críticos de dificultades para que as vacas quedasen preñadas, pero o ano pasado foi diferente. As vacas estaban mellor ”, explica Luis, que destaca ademais a mellora do estado sanitario dos xatos. “Manter as calidades do leite repercute tamén nos becerros, pois se tes calidades baixas e lles das leite das nais, estás alimentándoos con auga. Un bo leite séntalles mellor”, valora a gandería.

Casa Lameiro está potenciando a recría propia para mellorar e aumentar a súa cabaña.

Casa Lameiro está potenciando a recría propia para mellorar e aumentar a súa cabaña.

Casa Lameiro
Casa Lameiro, de Rodeiro (Pontevedra) é unha gandería que ten na actualidade unhas 30 vacas en muxido e preto doutros 30 animais entre xovencas e vacas secas. O seu obxectivo a curto prazo pasa por situarse arredor dos 36 animais en muxido.

A gandería distínguiuse nos últimos anos polo coidado da xenética, un terreo no que Luis traballa como comercial. “Á hora de elixir os touros, fixámonos en cuestións como graxa, proteína, conformación, lonxevidade e fertilidade. Que unha vaca empreñe ben é máis rendible que outra con mellor produción e que teña os partos en intervalos maiores”, valora Luis Quintá. “Inseminamos con seme sexado a todas as femias das que nos interesa ter recría, e o resto inseminámolo para carne con razas como azul belga ou angus”, sinala.

A explotación tamén busca mellorar a cabaña por medio de compras puntuais de xovencas, como a que protagonizou recentemente na subasta de elite de gando frisón de Curtis, onde se fixo, conxuntamente con outro produtor, con Cundis Miriam Hotline FIV ET, pola que pagaron un prezo total de 6.000 euros.

Casa Grande de Fente

“Interésanos producir quilos de graxa e proteína, non litros de leite”

Antonio Gayoso, na súa gandería, en Monterroso.

Antonio Gayoso, na súa gandería, en Monterroso.

Casa Grande de Fente, en Monterroso, xestionada por Antonio Gayoso, é unha gandería estabulada con arredor de 50 vacas en muxido que consolidou nos últimos seis anos unha dirección de traballo clara. Queren vacas de boa conformación e boa xenética, ben coidadas e cun manexo orientado a producir sólidos. A granxa está mellorando progresivamente en calidades, aumentando tamén litros de leite, aínda que Antonio sitúa a súa prioridade nos sólidos: “Interésanos producir quilos de graxa e proteína, non litros de leite”, subliña.

A gandería entrégalle a produción a Entrepinares desde o 2013, momento no que comezou a orientar o seu traballo a aumentar a produción de sólidos no leite. A Antonio gustáronlle de sempre os bos animais, desde que de novo comezou a colaborar en concursos de gando e escolas de xuíces.

“Son partidario de ter menos vacas, pero ben coidadas, que moitas e mal” (Antonio Gayoso)

Daquela, a explotación familiar, xestionada polo seu pai, tiña un gando moi distinto do que el vía nos certames, así que cando se puxo ó fronte da granxa decidiu dar un cambio, orientándose a mellorar a xenética. Sempre valorou os touros polas familias de vacas e tendo en conta o seu ICO, uns parámetros ós que engadiu nos últimos anos a busca de touros positivos a graxa e proteína e co xenotipo BB na kappa caseína.

A explotación fíxose ademais con varios exemplares destacados en subastas, como foi o caso da xovenca Vistahermosa Doorman Fani Et, mercada na última subasta de Vegadeo, ou animais da Gandería Nodi (Barreiros, Lugo). Tamén ten en mente comezar a traballar en breve con embrións.

Alimentación
A alimentación é outro dos apartados que coida a gandería na busca dunha mellora de calidades. Antonio foi das primeiras explotacións que incorporou no verán do 2017 o Complet G-P, o penso complementario para vacún de leite deseñado no marco do proxecto galego Especialidades. O obxectivo do Complet G-P é o de mellorar, estabilizar e desestacionalizar os niveis de graxa e de proteína do leite. A gandería suminístralle a cada vaca unha ración diaria de 24 quilos de millo, 15 de herba, 11,5 de penso e 0,5 de Complet G-P.

A gandería destaca pola xenética e coidado das súas vacas. Os animais contan con cama de palla, "máis cómoda e que serve de abono nas terras", valora Antonio.

A gandería destaca pola xenética e coidado das súas vacas. Os animais contan con cama de palla, “máis cómoda e que serve de abono nas terras”, valora Antonio.

Desde que comezou a usar o Complet G-P, a explotación mellorou varias décimas de graxa e proteína. Se antes de usar o produto, no primeiro semestre do 2017, a gandería tivo unhas medias de 4,10 de graxa e 3,40 de proteína, cifras xa de por si boas, no segundo semestre dese ano, xa co Complet G-P, acadou unha media de 4,32 de graxa e 3,55 de proteína. A produción de leite foi ademais superior no segundo semestre (34,5 litros por 34 no primeiro semestre), unha liña de crecemento que continuou nos últimos meses.

A granxa mantén unhas calidades estables do leite nos últimos meses, comezando os primeiros meses do 2019 cunha media de 4,30 de graxa e 3,52 proteína. “Está claro que estamos satisfeitos co resultado do Complet G-P. Tampouco se pode dicir que toda a mellora da gandería sexa do produto, xa que estamos tamén traballando a xenética dos animais, pero é un produto que, conxuntamente con outros aspectos de manexo, dá moi bo resultado. As vacas dá gusto velas, teñen a pel brillante”, conclúe Antonio, que destaca que é partidario de ter “menos vacas pero ben coidadas, que moitas e mal”.

bodegon complet gp final

Sobre o Complet G-P

O Complet G-P nace no marco dun proxecto galego denominado Especialidades co obxectivo de poñer a disposición das ganderías un penso complementario que sexa realmente efectivo na mellora das calidades do leite. O produto está diseñado a partir dunha combinación óptima de fibras de alta dixestibidade e aditivos específicos de orixe natural e plantéxase como un complemento da ración diaria en aplicación continuada ao longo de todo o ciclo de lactación.

Recoméndase unha dosificación de 0,5 quilos de Complet G-P por vaca e día, engadíndollo a maiores á ración habitual. A tal fin, Complet G-P preséntase nun formato especialmente manexable, granulado e ensacado, o que facilita a dosificación.

A estas alturas, e desde o seu lanzamento en probas no segundo semestre do 2017, xa se levan realizado ensaios de aplicación de Complet G-P en máis de 45 granxas galegas con resultados tan positivos como melloras de 2,5 décimas de proteína e 4 décimas de graxa en comparación coa situación previa ó seu uso. Ademáis, tal e como se pretendía, o Complet G-P moderou de xeito moi importante as tradicionais baixadas de calidades en situacións de estrés por calor e, no caso das ganderías en pastoreo, contribuiu a un maior equilibrio estacional da graxa, das calidades do leite e do estado xeral da cabaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *