A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A dificultade de atopar formación para operarios de máquinas forestais

Publicidade
A dificultade de atopar formación para operarios de máquinas forestais

Autocargador forestal

Dentro do mundo da mecanización forestal atopamos diversos tipos de maquinaria forestal: taladoras, procesadoras, autocargadores ou rozadoras son algúns destes tipos. O investimento económico para a compra de maquinaria forestal é moi alta polo cal require un traballo que dea como resultados altas producións e grandes rendementos.

Para garantir o éxito do uso deste tipo de maquinaria non só nos basta escoller o tipo, marca e modelo de máquina. Tamén é clave contar cun bo operario de máquina forestal, profesional e formado. Se o chofer forestal que traballa coa máquina sábea utilizar de maneira correcta e realizar os mantementos adecuados, a probabilidade de conseguir os obxectivos marcados pola empresa é moito maior.

A demanda de maquinistas de procesadora e autocagardor forestal é cada vez maior polas empresas de explotación forestal. Trátase dun oficio en auxe no cal o traballador ha de ter coñecementos de condución, mecanización, curta, talla, traballo no monte, mecánica, hidráulica ou electricidade. Ha de ter unha actitude paciente pero apaixonada e ha de contar coas habilidades e destrezas suficientes para resolver calquera situación que se lle presente no bosque. Con todo, resulta cada vez máis difícil atopar maquinistas con estas calidades.

Un maquinista ben formado supón para as explotacións forestais nas cales traballe:
-Un incremento da seguridade no traballo.
-Unha maior produtividade.
-Moitas menos paradas por avarías en horario de traballo.
-E unha maior profesionalización do sector.

A formación nesta profesión é unha carencia moi xeneralizada en toda España. Non existen escolas que formen maquinistas forestais como tal e os cursos que se imparten do oficio non saen regularmente.

Formar un maquinista sen experiencia en campo supón un gran esforzo para unha empresa contratista ou rematante debido ao custo, enerxía e risco.

Por iso, desde Forest Pioneer, empresa especializada en mecanización forestal desde hai máis de 20 anos quérese apostar na formación de novos maquinistas colaborando con escolas, asociacións e entidades.

Cóntase con con simulador que permite a práctica case real do manexo de autocargadores e procesadoras e cun equipo experto en Enxeñería forestal, mecánica, hidráulica, etc, que se despraza aos centros para dar charlas e formacións. Con isto conséguese, por unha banda, dar a oportunidade de toma de contacto a aquela persoa que quere iniciarse neste mundo e, polo outro, dar a coñecer o oficio e a súa dificultade para sementar a inquietude de posibles futuros maquinistas.

Gustaríache exercer de operario de maquinaria forestal?

image_print

2 ideas sobre “A dificultade de atopar formación para operarios de máquinas forestais

  1. Pablo

    Hola son maquinista de retroexcavdoras e cargadoras e estaría interesado en formación forestal.Gracias un saudo

    Contestar
  2. Aitziber MARIN

    Hola PAblo, Buenos días. Forest Pioneer SL es una empresa comercializadora de Maquinaria Forestal. Recientemente hemos adquirido un simulador de nuestra marca de Procesadoras y Autocargadores Logset y ofrecemos un servicio de alquiler de dicho simulador a escuelas, asociaciones, etc… pero no impartimos cursos de maquinistas como tal. Te recomendaría ponerte en contacto con las escuelas y/o asociaciones que tengas cerca para solicitarles información al respecto.

    Esperamos haber podido ayudarte con nuestra respuesta. Un saludo

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información