Buenas características del maíz en la cosecha.

Demostración en campo da eficacia do programa de fertilización integral para millo de ICL

Un ensaio desenvolto en Arzúa obtivo 51,3 toneladas por hectárea cun 35,3% de materia seca

Durante a campaña de millo 2018, realizouse un seguemento dunha leira en Arzúa (A Coruña) para avaliar a eficacia das solucións de abonado integral de ICL para este cultivo en Galicia. O programa de ICL para o cultivo do millo consiste na aplicación de tres produtos: Agromaster Optimizado con tecnoloxía Emax, Agromaster Start Mini con tecnoloxía PolyS e o abono foliar Agroleaf Power.

En primeiro lugar, no mes de maio incorporouse ao cultivo Agromaster Optimizado 30-11-11 a 500 kg/ha e posteriormente, aproveitando a sementeira do millo, aplicouse Agromaster Start Mini, un 21-21-5 a 50 kg/ha, preto da semente. Ás poucas semanas, cando se tiveron que aplicar os herbicidas, engadiuse un abonado foliar , Agroleaf Power 31-11-11, a 4 kg/hectárea, que axuda a que a planta salga de estrés antes e o herbicida actúe con maior eficacia sobre as malas herbas.

Tecnoloxías Emax e PolyS
ICL conta cunha ampla experiencia na fabricación de encapsulados para crear produtos cun tempo de liberación moi preciso que se indica en cada produto. Así, o abono Agromaster Optimizado utiliza a tecnoloxía Emax, que é unha tecnoloxía de liberación controlada de ICL que consiste nunha cuberta de polímero que mellora a utilización eficiente do nutriente. A liberación dos nutrientes baséase na humidade e na temperatura, ofrecendo valores de lonxevidade predicibles e reducindo a cantidade de nitróxeno que se libera ineficazmente á atmosfera. Tamén se melloran os custos de aplicación e redúcense os valores excesivos de salinidade prexudiciais para a planta cando se aplica o fertilizante de forma localizada. Ademais, aumenta a seguridade, rendibilidade e eficacia do fertilizante.

Boas características da mazorca na colleita.

Boas características da mazorca na colleita.

Pola súa banda, Agromaster Mini utiliza a tecnoloxía PolyS, que é outra tecnoloxía de ICL baseada nun encapsulado de xofre e un polímero. A liberación do nutriente no PolyS é pouco dependente da temperatura e o compoñente de xofre do encapsulado engade valor nutritivo ao produto. Neste cultivo de millo utilizouse Agromaster Mini en formulacións de 19-19-5 ou 21-21-5, a unha media de entre 30 e 50 kg/localizados na zona de sementeira. Con iso conseguimos un mellor arrinque independentemente das condicións que teñamos.

Boa sanidade de planta e excelente colleita
Co plan de abonado de ICL, en xullo xa se puido comprobar nesta leira o bo estado do millo, perfecto sanitariamente, con boa cor e sen ningún tipo de carencia, o que apuntaba a unha boa colleita.

O día 6 de outubro procedeuse á recolección da colleita, dando uns resultados excelentes tanto en calidade como en cantidade, observando a primeira ollada todas as espigas perfectamente calladas e dando a báscula 51,3 toneladas de peso en verde por hectárea, cun 35,3 % de materia seca. Deste xeito, demóstrase con resultados a eficacia e rendibilidade da solución integral para millo de ICL.

Mais Información: www.icl-sf.es

ICL Millo collage