A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro instrúe a técnicos e veterinarios sobre como xestionar as explotacións de vacún de leite

Delagro instrúe a técnicos e veterinarios sobre como  xestionar as explotacións de vacún de leite

Conferencia de Francisco Sineiro na xornada organizada por Delagro

A cooperativa de segundo grao Delagro, especializada en servizos e insumos para o sector agrogandeiro, en colaboración con Grupo PH ALBIO (Mevet) e Sergave, entidade especialista en nutrición animal, organizou este xoves unha xornada nas Pontes, onde o profesor da USC, Francisco Sineiro, impartiu unha sesión formativa titulada “Xestión técnico- económica de explotacións de vacún de leite”.

Sineiro explicou, as diferenzas entre o exercicio dunha xerencia directa ou interna e unha externa; destacou a necesidade de realizar, en cada caso, unha detallada planificación dos obxectivos futuros e os medios dispoñibles e realizar unha análise económica dos investimentos, previsións de prezos e xestión do risco.

Previsións de prezos do leite moi variables e concentrados no nivel dos últimos anos

En canto á situación do mercado lácteo, destacou a gran variación dos prezos do leite, influenciados polos cambios realizados na PAC “coa eliminación das medidas de regulación de prezos” e coa recente eliminación de cotas. As perspectivas, para os 10 anos próximos viran ao redor dunha demanda de produtos lácteos inferior á da década pasada, prezos do leite moi variables e de concentrados manténdose ao nivel dos últimos anos.

Por todo iso, Sineiro recomendou realizar un seguimento mensual do estado do gando, da produción de leite e do consumo de concentrados e ademais, cada trimestre, de facturas de ingresos e gastos.

Ademais, desagregou os pasos para seguir para realizar a conta de resultados, un inventario correcto e como desenvolver o rexistro periódico da información da explotación, entre outras cuestións.

Máis de trinta alumnos, técnicos e veterinarios, asistiron a esta charla formativa onde se apuntaron as últimas novidades en relación á xestión integral das granxas de vacún, cada vez máis profesionalizadas.

Esta xornada reforza o compromiso que a cooperativa adquiriu en canto ao reforzo continuado por ofrecer formación aos técnicos das cooperativas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información