A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro forma a cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia para maximizar o rendemento do millo

A cooperativa Delagro e os provedores de insumos agrarios Maïsadour e Syngenta desenvolven un ciclo de xornadas formativas sobre coidados e cultivo do millo.

Delagro forma a cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia para maximizar o rendemento do millo

Ensaios con millo na comarca do Xallas

A campaña de millo deste ano viuse duramente afectada pola seca, que causou complicacións na nascencia das plantas e en millos máis irregulares que en anos anteriores.

A cooperativa de segundo grao Delagro (con asociados en Asturias, Cantabria e Galicia) vén desenvolvendo un ciclo de xornadas divulgativas en cooperativas das tres comunidades autónomas para mostrar técnicas, ferramentas e variedades de millo máis adecuadas para salvar estes inconvenientes.

As charlas corren a cargo de representantes da multinacional francesa Maïsadour (especializada en millo e outras sementes), con quen Delagro ten un acordo de comercialización en exclusiva, e a biotecnológica Syngenta, que se especializa en sementes e protección de cultivos.

Galicia

Esta semana, unha das Xornadas tivo lugar na Cooperativa Xallas (Santa Comba) onde se analizou sobre o terreo o rendemento de tres variedades de millo comercializadas por Syngenta: dous de ciclo longo: Iridium (FAO 300) e Okland (FAO 350), e un de ciclo medio: Ondina (FAO 260).

Medio centenar de asistentes, ademais de Alberto López (técnico agronómico de Delagro) e representantes de Xallas, escoitaron as recomendacións de Jesús Fernández (delegado de zona de Syngenta) para lograr o maior volume de quilogramos por hectárea nas plantacións de millo, adaptando cada variedade e ciclo de semente á época de sementado, recollida e coidados máis adecuados para ela. Unha das conclusións da análise foi que as que presentan ciclos máis amplos resultan en maiores cantidades recollidas.

Hoxe, expertos de Maïsadour están na cooperativa Coreber, na última xornada da semana, onde se informou sobre optimización de cultivos. Tamén a cooperativa Agris recibiu esta semana acolleu unha xornada con expertos de Maïsadour sobre esa cuestión.

Cantabria e Asturias

A cooperativa cántabra Agrocantabria acolleu a pasada semana outra das xornadas, na localidade de Loredo, que atraeu a máis de 50 persoas. Técnicos de Maïsadour explicaron o comportamento das variedades de millo máis implantadas na zona e sobre técnicas de ensilado. Xerou especial interese o máiz Mais52K pola súa resistencia á seca, mentres que a variedade Pelota fíxoo pola súa altura e follas.

Campoastur (cooperativa con sede en Otur, Asturias) centrou a formación interactiva na análise de mostras de millo, achegadas polos propios asistentes, mediante o sistema Nutriplus, que determina, entre outras variables, as porcentaxes de materia seca e almidón das mostras. Calcúlase así o momento óptimo de recolección que, segundo as mostras procesadas e xeneralizando os resultados en función das datas máis recorrentes, parece ser en principios de outubro para os terreos da mariña occidental.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información