A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro pecha 2015 cunha facturación de 163 millóns de euros

Delagro pecha 2015 cunha facturación de 163 millóns de euros

Asamblea de Delagro

A cooperativa de segundo grao, DELAGRO S. COOP. celebrou, o día 19, a décimo cuarta edición da súa Asemblea Xeral nas Pontes (A Coruña). Delagro está integrada por 64 cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia, que suman máis de 27.000 persoas asociadas, e especialízase en poporcionar servizos e insumos agrarios, constituíndo unha das maiores Centrais de Compras do norte de España.

A pesar do complicado contexto económico e social de 2015 como prezos moi baixos aos gandeiros, climatoloxía adversa, stocks de forraxes, descenso de prezos de compras, efectos derivados da PAC, ao que se suma a adopción dun novo Plan Estratéxico iniciado en 2014, rexistráronse, en xeral, resultados netos por encima do previsto, alcanzando un volume de negocio superior aos 163 millóns de euros, incluso producíndose unha ampliación de capital por parte dos socios da entidade.

Renovación

Durante 2015 a cooperativa levou a cabo dúas auditorías internas para adaptar a empresa ás novas necesidades expostas pola conxuntura socioeconómica, que derivaron na implantación de novos procedementos administrativos e produtivos, metamorfoses que esixiu unha intensa implicación por parte do equipo humano de  54 empregados.

Javier Taboada, presidente da entidade, eloxiou a implicación e a eficiencia do persoal de Delagro “que realizou un gran esforzo de identificación das áreas de mellora e de axuste aos novos procedementos, sen escatimar recursos para levalo a bo fin”.

Produción e área comercial

Destaca o impulso do Centro Multidisciplinar para a produción, envasado e distribución de fertilizantes que Delagro inaugurou en marzo de 2015 e superou ao longo do ano todos os obstáculos derivados dunha nova factoría.

Os procesos continuos de formación de persoal e de rodaxe da maquinaria permitiron unha substancial mellora nos cocientes de produtividade, loxística e produción, así como o asentamento de custos de produción. Implantouse un Plan de Control para garantir o cumprimento das expectativas de rendemento e crear as ferramentas adecuadas para corrixir deficiencias.

En canto a comercio, o selo Mercarural, desenvolvido por Delagro, busca dotar ás áreas comerciais de cooperativas rurais, dedicadas tanto a venda de produtos específicos para o traballo no sector agrogandeiro como a supermercado, dunha identidade visual reconocible e unificada e de plans empresariais que maximicen a súa rendibilidade.

En 2015 experimentou un gran empuxe, ao sumar 10 novos establecementos á marca, en Galicia, Cantabria e Asturias. En paralelo, a actividade comercial iniciada ao fío do Plan Estratéxico está a recibir unha boa acollida por parte das entidades asociadas, configurándose como un dos grandes alicerces deste exercicio.

Innovación tecnolóxica

En 2015 arrincou a implantación, en 4 cooperativas (Agris, Icos e Melisanto en Galicia e Corvera (Asturias), do sistema delagrOS de integración de Tecnoloxías da Información creado por Delagro. Este sistema propio permite a optimización de ligazóns electrónicas para transferencia de documentos entre cliente e provedor, aforrando custos e reducindo tempos de execución ás cooperativas asociadas. Unha ferramenta que abre grandes portas para o futuro do cooperativismo.

Implicación social

O éxito de asistencia veu acompañado do éxito na participación xa que resultou unha Asemblea moi activa, cunha participación social do 82% nas votacións.

Durante a Asemblea, fíxose especial recoñecemento ás persoas e entidades asociadas ou vinculadas a Delagro por contribuír, coa súa confianza nos servizos da cooperativa, ao crecemento da mesma. Destacouse igualmente o Premio á Mellor Iniciativa Cooperativa recibido en xullo desde a, entón, Consellería de Traballo e Benestar. O recoñecemento valora as actuacións de Delagro no seu conxunto polo seu valor para o fortalecemento da economía social en Galicia, con especial énfase na posta en marcha do Complexo Multidisciplinar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *