A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro aumentará a capacidade da súa planta das Pontes

Delagro aumentará a capacidade da súa planta das Pontes

Almacén de Delagro en As Pontes

A cooperativa Delagro está a acometer obras para aumentar a capacidade de almacenaxe da súa planta de fertilizantes das Pontes e seguir así mellorando o servizo aos seus socios e clientes. A primeira parte do proxecto de ampliación estará lista para finais de abril con 120 ocos europalé, e o resto do proxecto de ampliación finalizará o mes de xullo.

En concreto, as obras que está a realizar Delagro consisten na construción dun novo peirao no almacén de sementes para facilitar a operativa de cargas e descargas. Ademais, aumentarase a capacidade de almacenaxe, conseguindo aumentar en 240 ocos palet ao final destas obras. Xa para finais deste ano prevese que as obras continúen cun novo módulo específico dentro do almacén para produto tipo merchandising, ferraxaría, calzado ou insumos de almacén.

Desde Delagro destacan que o obxectivo destas obras “é mellorar os servizos aos nosos socios e clientes, e conseguiremos reducir custos, tempos, incidencias aumentando en produtividade e servizos”.

Nova presentación de servizos loxísticos integrais

Nesta mesma liña, a cooperativa está a confeccionar unha nova presentación de servizos loxísticos integrais ofrecendo desde auditorias loxísticas, solucións de almacenaxe, servizo de transporte e formacións personalizadas para que os seus asociados teñan unha visión mais ampla de control de stocks, aprovisionamento e realización de inventarios.

O complexo industrial multidisciplinar de Delagro nas Pontes de García Rodríguez ocupa un emprazamento de 36.000 m2 no Polígono Industrial de Penapurreira, e está destinado a a fabricación e distribución de fertilizantes, así como a o almacenamento de produto finalizado e doutras mercadorías complementarias para a distribución directa aos almacéns de distribución ou a explotacións agrogandeiras directamente.

O complexo conta coa tecnoloxía máis nova e avanzada do mercado, e a súa capacidade operativa supera as 50.000 toneladas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *