A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus lanza a primeira app do sector para a xestión directa dos pedidos dos seus clientes

Grazas a esta aplicación, gandeiros e todos os seus clientes poderán xestionar directamente os seus pedidos desde onde queiran, calquera día da semana e a calquera hora.

De Heus lanza a primeira app do sector para a xestión directa dos pedidos dos seus clientes

De Heus Nutrición Animal, fabricante de marcas como Biona ou Pasaranda, lanza a súa propia aplicación gratuíta para a xestión directa de todos os pedidos dos seus clientes, desde o móbil do usuario ás súas fábricas. Trátase da primeira ferramenta deste tipo que ofrece unha empresa de alimentación para animais. A app é un paso máis no servizo que De Heus ofrece a gandeiros e a todos os usuarios, resolvendo os seus trámites máis habituais e cotiáns e axudándoos a sacar o máximo partido aos seus pedidos.

A pioneira app “De Heus Nutrición Animal” aúna os principais procesos de xestión de calquera pedido en tempo real. Grazas á aplicación, o cliente poderá solicitar a ampla gama de produtos desde onde queira, calquera día da semana e a calquera hora. Tamén poderá facer o seguimento do seu pedido e calcular o importe estimado do mesmo. A maiores, a aplicación permite contactar directamente co Servizo de Atención ao Cliente de luns a venres, no horario habitual de 8 da mañá a 6 da tarde.

A través desta nova aplicación, os gandeiros contarán cun novo instrumento de comunicación directa, do que xa dispoñen como clientes a través da páxina web: https://www.deheus.es. De feito, o deseño da app “De Heus Nutrición Animal” é moi similar á de pedidos da web, facilitando con iso un manexo sinxelo e intuitivo da aplicación.

A app xa está operativa, baixo o nome “De Heus Nutrición Animal”, e atópase dispoñible tanto para os sistemas Android como iOS a través das plataformas Google Play e APP Store, respectivamente.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información