A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus incorpora a Daniel Castro como novo director rexional da zona norte

De Heus incorpora a Daniel Castro como novo director rexional da zona norte

O enxeñeiro agrónomo Daniel Castro.

A firma De Heus Nutrición Animal anuncia o regreso de Daniel Castro á compañía. Castro asumirá o cargo de director rexional da zona norte de España, posto que ata agora ocupaba Francisco Rubio, actual director comercial de De Heus España.

Tras máis de 10 anos no sector da alimentación animal, o enxeñeiro agrónomo volve incorporarse a De Heus. Castro afronta o seu regreso á compañía con confianza. “Volver a unha empresa de tan alto prestixio ocupando un cargo destas magnitudes realmente faime ilusión e empezo esta nova etapa con ganas”, comenta.

Entre os obxectivos que Castro se fixa para esta nova etapa atópase seguir as liñas marcadas polo seu predecesor. “O meu obxectivo é poder continuar coa estratexia e metodoloxía de Francisco Rubio, para lograr que a zona norte de España creza e mellore respondendo ás inquietudes da sociedade en materia de seguridade alimentaria, benestar animal e respecto ó medio ambiente”, indica.

Castro formouse na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Tras-os- os- Montes e Alto Douro, en Portugal, e comezou a súa traxectoria profesional en Navarra á fronte de 10 boxes de muxido robotizado nunha granxa de vacún leiteiro chamada El Campillo no ano 2007.

Despois da súa experiencia en granxa, comezou a súa etapa comercial en empresas como Proquideza e Nuter, firma que foi adquirida por De Heus, momento no que Castro comezou a traballar con esta compañía como xefe de produtor da canle de distribución. En 2017, Castro dá un cambio á súa carreira e embárcase nun novo reto no sector cooperativo como xefe de vendas e mercadotecnia en Aira. Agora, dous anos máis tarde, volve a De Heus como director comercial na zona norte de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *