haifa millo final

‘CoteN Mix’, fertilizantes de liberación controlada para o millo forraxeiro

‘CoteN Mix’ é un fertilizante de liberación controlada producido por Haifa e deseñado para achegarlle nutrientes ás plantas de forma continua ao longo de todo o ciclo de cultivo, co obxectivo de lograr un desenvolvemento óptimo e un excelente rendemento.

Baseados na tecnoloxía de recubrimento polimérico de Haifa, CoteN Mix libera o nitróxeno ao chan de xeito gradual dependendo unicamente da temperatura do terreo, polo que se producirá unha maior liberación cando a temperatura aumenta, o que coincide co incremento das necesidades das plantas.

‘CoteN Mix’ ofrécelle ás plantas unha nutrición equilibrada de acordo ás súas necesidades, cunha única aplicación por ciclo de cultivo, mellorando o desenvolvemento da planta, o uso de nutrientes, aforrando man de obra e minimizando o impacto ambiental. CoteN Mix adáptase ás necesidades do cultivo de millo forraxeiro de Galicia, unhas necesidades que foron determinadas polos expertos de Haifa coa axuda dos agricultores.

Funcionamento
A tecnoloxía de liberación controlada permite encapsular os nutrientes solubles en auga cunha cobertura polimérica que evita a disolución inmediata destes cando son aplicados no solo Despois da aplicación, a humidade do chan penetra lentamente a través do recubrimento e prodúcese unha disolución dos nutrientes, que se van a difundir a través do recubrimento cara á zona radicular nunha axeitada proporción, de acordo ás necesidades de desenvolvemento do cultivo.

A porcentaxe de liberación depende soamente da temperatura do chan, por tanto producirase unha maior liberación cando a temperatura aumente, o que coincide co incremento das necesidades das plantas. Outros factores, tales como o tipo de chan, humidade, pH e actividade microbiana non lle afectan á liberación do fertilizante. Despois de que a liberación se complete, a cobertura baleira ráchase e degrádase, non deixando residuos no solo.