A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Conservantes Delagro para silo de millo: eficaces, de fácil manexo, non perigosos e non corrosivos

As forraxes, e en concreto o silo de millo, son a base para a alimentación da gandaría de vacún. Trátase dun cultivo fundamental, no que o gandeiro inviste moito diñeiro, polo que resulta clave unha boa conservación. Coa gama de conservantes de Delagro asegúrase a calidade do ensilado controlando a fermentación.

Neste sentido, os dous factores principais para unha correcta fermentación das forraxes son:

-Un rápido descenso do PH da masa de forraxe mediante a fermentación láctica.

-Tapar e manter o silo coa mínima cantidade posible de osíxeno.

DELAGRO CONSERVANTES MILLO 1

Precisamente, os conservantes permiten asegurar unha satisfactoria calidade de conservación da forraxe cando a súa ensilabilidade é baixa (exceso de materia seca por recoller o millo demasiado tarde…etc) ou porque as condicións climatolóxicas son adversas debido á choiva.

Delasil:

Delasil é un conservante biolóxico que permite baixar rapidamente o PH da masa de forraxe e mellora a estabilidade aeróbica, evitando o quecemento unha vez aberto o silo.

A formulación dos produtos asegura:

-A proliferación das bacterias acedo lácticas, que baixan o PH rapidamente.

-A redución do crecemento de fungos.

-A redución do osíxeno no ensilado, grazas á incorporación de Lactococcus lacti 0-224, unha nova cepa única de Delagro, que consome rapidamente o osíxeno do ensilado, estabilizándoo moi rapidamente.

Ademais, a súa acción acelera e mellora o crecemento doutra cepa, Lactobacillus buchneri, que controla o crecemento de fungos e evita o quecemento do ensilado unha vez que se abre.

DELAGRO CONSERVANTES MILLO 2

Delasil preséntase en forma sólida e a dose de aplicación é de 1 sobre por cada 50 toneladas de forraxe en verde.

Millsile:

Millsile reduce o PH rapidamente en ensilados difíciles, promovendo a correcta fermentación da forraxe. Ademais, controla o crecemento fúnxico, evitando quecementos e perdas de materia seca. Recoméndase a súa aplicación no silo nas frontes de consumo de forraxe.

Tanto en Delasil como en Millsile hai dispoñibilidade de aplicadores para facilitar a súa manexo.

DELAGRO CONSERVANTES MILLO 3

Para máis información pregunta na túa cooperativa, chámanos ao 981 519 920 ou escribe a delagro@delagro.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *