A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Colza e centeo híbrido, dous cultivos con potencial en Galicia

KWS Semillas aposta por estes dous cultivos de sementeira outonal para unha rotación outono – primavera ou, no caso do centeo híbrido, tamén como alternativa en solos pobres

Colza e centeo híbrido, dous cultivos con potencial en Galicia

Cultivo de colza. / Imaxes: KWS Semillas Ibérica.

Desde xa hai uns anos, KWS Semillas Ibérica pon a disposición dos agricultores e gandeiros galegos semente de millo da máxima calidade. Actualmente, e tralos resultados vistos os últimos anos, ampliouse a nosa oferta de cultivos, pondo á súa disposición sementes de centeo híbrido, colza híbrida e remolacha para alimentación animal.

Neste artigo centrámonos en dous cultivos, o centeo híbrido e a colza híbrida. Ámbolos dous, cultivos de sementeira outonal. Estes dous cultivos son moi interesantes para os agricultores de Galicia e doutras comunidades autónomas de España, xa que poden lograr incrementos no rendemento en zonas de solos de menos calidade -caso do centeo híbrido-, ou ser unha alternativa de rotación rendible -tanto centeo como colza- en terras de secano e regadío.

Ambos os cultivos presentan beneficios agronómicos e económicos dentro das nosas explotacións, que tentarei describir neste artigo.

colza kws vertical

Comezando polo cultivo da Colza, sabemos que pola súa raíz pivotante, vainos a mellorar a estrutura do chan, rompendo a posible sola de labor que teñamos nas nosas parcelas. Ademais, permitiranos aproveitar nutrientes que foron lixiviados a capas máis profundas do chan. Son nutrientes dos que os cereais non poderían facer uso, por ter unha raíz menos profunda que a Colza, polo que así evitamos que se perdan.

En aspectos agronómicos, achéganos outra serie de vantaxes non menos importantes. É un cultivo ideal para favorecer o control de malas herbas de folla estreita como son o Bromus sp., a avea tola ou o vallico, utilizando herbicidas anti-gramíneos. É importante facer un control temperán sobre estas herbas ou sobre os rebrotes de cereal que podamos ter na parcela, se non, as plantas de colza nas zonas con maior concentración destas herbas poden verse moi afectadas.

Rendibilidade da colza
Ademais das vantaxes agronómicas, a Colza ofrécenos beneficios económicos e de planificación das tarefas na nosa explotación. Economicamente coa Colza podemos lograr unha rendibilidade superior á dun cereal e como a sementeira se realiza máis cedo, permítenos ir adiantando tarefas para chegar a sementar todos os cultivos nos seus momentos óptimos.

O rendemento do cultivo nos ensaios de Xinzo, cunha produtividade de 5,6 toneladas por hectárea, demostra a súa rendibilidade

A data de sementeira deste cultivo será durante o mes de setembro e a primeira metade do mes de outubro. Non son recomendables sementeiras máis tardías desta data, xa que necesitamos que a planta estea correctamente desenvolvida cando veñan os fríos e provoquen a paralización do seu desenvolvemento. Para lograr unha correcta implantación do cultivo, debemos lograr unha densidade de plantas de 35-40 plantas/ metro cadrado.

Segundo a máquina que usemos para a súa sementeira, a preparación do leito de sementeira, os restos doutros cultivos que teñamos, etc., deberemos axustar a dose de sementeira para chegar a lograr esta densidade de plantas. Como norma xeral, a dose de sementeira será de 750.000 sementes/Ha, que, dependendo do tamaño da semente, será duns 4 kg/Ha aproximadamente.

Á hora da elección da parcela para a súa sementeira, debemos ter coidado de que non sexan parcelas que teñan un excesivo encharcamento, pois estas plantas son bastante sensibles a asfixias radiculares e podemos ter perdas de plantas.
Outro punto no que nos temos que fixar é na presenza de malas herbas do tipo crucíferas que teñamos na parcela. Se non temos presenza deste tipo de malas herbas, podemos utilizar variedades normais. Se pola contra atopámonos coa presenza de estas malas herbas, deberemos utilizar variedades Clearfield, que nos permitirán controlar estas herbas coa aplicación dun herbicida específico, que nas variedades normais non se poderá aplicar.

Ensaios en Xinzo
Este ano en Xinzo de Limia sementamos un ensaio con distintas variedades de colza de inverno, tanto de variedades normais como de variedades Clearfield. Os resultados, a pesar dalgún problema na nascencia, non puideron ser máis satisfactorios. Obtivéronse rendementos por encima de 5.600 kg/Ha, o que unido a un prezo de venda desta campaña de aproximadamente 330 euros/Tn, convérteno nun cultivo altamente rendible.

centeo vertical kws

Centeo híbrido, un cultivo adaptado en Galicia para gran ou ensilado

O Centeo Híbrido é un cultivo máis implantado e máis coñecido pola gran maioría dos agricultores, especialmente por aqueles de zonas de secano con potencial de rendementos medio-baixos ou onde os chans, dada a súa acidez, limitan a sementeira doutros cereais.

Ao tratarse dun cereal que podemos empezar a sementar a mediados de Outubro, unha semana antes que o trigo de inverno, poderemos ir realizando labores e adiantar a sementeira das parcelas que destinemos a este cultivo.

A característica principal pola que pensamos que se trata dun cultivo moi interesante para os agricultores de Galicia é pola alta rusticidade que presenta. Esta calidade permítelle poder desenvolverse correctamente en zonas onde a calidade dos solos é baixa ou o nivel de acidez é moi elevado.

KWS desenvolveu variedades híbridas que son resistentes ó fungo Cornezuelo, que contén sustancias tóxicas

Ao ser un cultivo híbrido, a capacidade produtiva fronte a variedades liña viuse incrementada considerablemente, pero á súa vez, conseguiu conservar a súa principal vantaxe, a rusticidade. Por iso ano a ano segue gañando superficie e estableceuse como un cereal máis na rotación, sementándose en parcelas de mellor calidade ou mesmo nalgunhas de regadío.

Un punto clave para realizar a súa sementeira en Galicia é unha correcta elección de variedades. Nesta zona, dada a súa climatoloxía, é bastante habitual observar campos infectados con Cornezuelo (Ergot). Este fungo que contén sustancias tóxicas, non ten control fúnxico. A única maneira que hai de evitar que os nosos campos se vexan afectados gravemente por este fungo é coa elección de variedades que non sexan susceptibles ao mesmo. A xenética de KWS en centeos híbridos destaca pola resistencia ao devandito fungo grazas a unha tecnoloxía utilizada, POLLEN PLUS, que fai das nosas variedades un seguro fronte a este problema.

Ademais do seu uso para colleita de gran, este cultivo permite o seu uso como forraxe para alimentación animal. No caso de que queiramos usalo para ensilaso, habería que incrementar un pouco a dose de sementeira e adiantar o abonado nitrogenado para favorecer un maior afillamento e maior desenvolvemento de biomasa.

Contacto
Alfonso Martín
Agroservicio de Cereais e Colza
KWS Semillas Ibérica
alfonso.martin (arroba) kws.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *