A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Colaboración de Caixa Rural cun proxecto solidario de apoio a enfermos de cancro

A entidade apoia a compra dunha ambulancia pola asociación ‘Somos unidos por el cáncer’, que a adaptará para permitir viaxes de persoas en fase terminal, a fin de que poidan cumprir os seus últimos desexos de desprazamentos

Colaboración de Caixa Rural cun proxecto solidario de apoio a enfermos de cancro

Traballadores de Caixa Rural e representantes da asociación Somos unidos por el cáncer.

Caixa Rural Galega celebra cada mes de setembro unha xornada solidaria, que se visibiliza nas sucursais da entidade como o Día da Camiseta, cando os traballadores acuden o seu traballo vestidos cunha camiseta de cor verde e coa característica espiga que representa á Caixa. Esa xornada ten un dobre fin, amosar o apoio ó grupo ciclista do Grupo Caja Rural, no que participa a entidade galega, e á vez apoiar unha causa solidaria.

Este ano, Caixa Rural Galega acordou que a súa acción solidaria fose o apoio a un proxecto ideado pola asociación ‘Somos Unidos por el cáncer’, que se vai dotar dun transporte adaptado que permita levar as persoas en fase crítica ou terminal a unha última viaxe que elas decidan, cumprindo así un último desexo.

En palabras da Asociación, “vimos a necesidade de aledar a vida a pacientes nos seus últimos meses ou días de vida, por iso decidimos comprar unha ambulancia e adaptala para cumprir a ilusión da xente dunha última viaxe a un lugar que queiran ver por última vez”.

A ambulancia do proxecto “Somos o teu desexo” operará por toda Galicia e mesmo polo Bierzo leonés. Actualmente o proxecto está en fase de desenvolvemento e a ambulancia xa obra en poder da Asociación, estando en proceso de adaptación ás necesidades propias do proxecto. Está previsto que a finais de novembro o proxecto poida iniciar a súa andaina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *