A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Codisoil: Profesionais no subministro de gasóleo a gandeiros e agricultores

Codisoil, empresa líder en España na distribución de gasóleo a domicilio Repsol, conta co gasóleo agrícola máis valorado do mercado, Repsol Agrodiesel e+10

Codisoil: Profesionais no subministro de gasóleo a gandeiros e agricultores

Codisoil leva máis de 25 anos fornecendo gasóleo a domicilio, tanto de calefacción como de automoción, industria e agricultura. Así, leva máis de 25 anos fornecendo gasóleo aos agricultores e gandeiros de Galicia e de Castela e León.

Codisoil e o seu gasóleo para agricultura

Codisoil, empresa líder en España na distribución de gasóleo a domicilio Repsol, conta co gasóleo agrícola máis valorado do mercado, Repsol Agrodiesel e+10. Este produto é o único recomendado polas principais marcas de maquinaria para agricultura como John Deere, Kubota, New Holland ou Class.

A diferenza doutros gasóleos existentes no mercado, Repsol Agrodiesel e+10, grazas ás súas propiedades e aditivos, consegue manter a maquinaria en condicións óptimas, alonga a súa vida útil e reduce os custos de mantemento. Entre outras moitas cuestións, protexe as superficies metálicas fronte á corrosión; neutraliza os metais disoltos no gasóleo impedindo a acción aceleradora da oxidación; e mantén limpo o sistema de inxección durante máis tempo e minimiza a colmatación de filtros.

Servizo ao cliente de Codisoil

Desde Codisoil, ademais de servir o mellor produto, buscan prestar o mellor servizo posible. Así, contan con medios e vehículos modernos e contadores verificados anualmente, que garanten ao cliente a medida exacta e sen enganos na subministración. Doutra banda, aseguran a subministración en menos de 24 horas e contan con financiamento a medida das necesidades de cada cliente a través do Banco Santander e de Caixas Rurais.

Outros servizos da empresa

Ademais do servizo de distribución de gasóleo a domicilio, Codisoil presta servizos de limpeza de depósitos (recomendable para realizar cada 5/10 anos, segundo as condicións do mesmo), probas periódicas a depósitos (obrigatorias cada certo tempo para determinados depósitos segundo a capacidade do mesmo), revestimentos e conversión a dobre parede de depósitos, limpeza industrial, xestión de residuos e distribución de AdBlue Fertiberia a domicilio.

Contacto:
91 061 20 89 ou envíanos un email a [email protected]

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información