A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Coas baixas temperaturas, as vacas leiteiras tamén precisan coidar máis a pel

Coas baixas temperaturas, as vacas leiteiras tamén precisan coidar máis a pel

De todos é sabido que o frío do inverno agreta a pel, tamén a dos pezóns dos animais, favorecendo a entrada e colonización de xermes causantes de mastite. Por iso, é de especial importancia nesta época do ano o emprego de baños de tetos con alta capacidade dermoprotectora.

En Proquideza elaboran unha gama de produtos especialmente adicados ao coidado da pel do pezón. Engaden dermoprotectores de calidade cosmética, como o Aloe Vera, e incorporan extractos vexetais que suavizan a pel ao mesmo tempo que exercen unha desinfección moito menos agresiva co teto.

Phytodip: Un baño de pezóns que conta co ácido láctico como principio activo

É o caso de PHYTODIP, un baño de pezóns que conta co ácido láctico como principio activo de gran poder desinfectante. Este produto respeta o manto ácido da pel e suavízaa grazas ás grandes cantidades de dermoprotectores que incorpora.

Ademáis, presenta unha gran vantaxe ao incorporar extractos naturais, xa que potencian a capacidade defensiva da pel. Trátase dun produto viscoso, que non gotea, co que se consegue unha acción duradeira e unha barreira química persistente até o seguinte muxido.

Por último, destacar tamén o poder repelente contra insectos por mor dos extractos naturais.

 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información