A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

CaixaBank mobilízase para facilitar o consumo de leite ás familias desfavorecidas

CaixaBank mobilízase para facilitar o consumo de leite ás familias desfavorecidas

Recollida de leite nos bancos de alimentos.

A Obra Social “la Caixa” e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) veñen de poñer en marcha a campaña Ningún neno sen bigote, para unha gran recollida de leite a favor de familias en risco de exclusión social. Na súa terceira edición, que durará ata o 23 de xuño, a recollida realizarase a través da entrega de briks de leite nas 195 oficinas de CaixaBank de Galicia. Así mesmo tamén se sumarán a esta campaña douscentos centros escolares da comunidade.

Ata o 15 de xullo, quen o desexe tamén poderán participar en Ningún neno sen bigote a través de doazóns económicas en canles electrónicas como a Línea Abierta, CaixaMóvil ou o envio de SMS coa palabra «LECHE» ao 28024. Ademais, tamén se pode realizar unha achega en www.granrecogidadeleche.es.

No marco de Ningún neno sen bigote, a Obra Social ”la Caixa” pon en marcha a recollida cunha primeira entrega de 50.000 litros de leite e unha achega adicional dun litro por cada dez litros recollidos.

O leite, un alimento decisivo para o crecemento dos nenos

O leite é fonde destacable de proteínas de alta calidade, vitaminas e minerais que contribúen decisivamente ao crecemento e desenvolvemento dos nenos. A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) apunta que, de media, un vaso diario de 200 mililitros de leite de vaca proporciona a un menor de 5 anos o 21 % das súas necesidades de proteínas, e o 8 % de calorías e de nutrientes.

En palabras do director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou: «Queremos romper o círculo da pobreza desde o seu principio e empezando polo leite, o primeiro alimento da nosa vida. Poñemos a toda a nosa rede de oficinas, de empregados e de voluntarios ao servizo desta campaña que mellorará o día a día de moitas familias vulnerables e sobre todo dos seus nenos, a nosa esperanza de futuro. É outro xeito de exercer a nosa responsabilidade social e implicarnos coas necesidades máis urxentes dos territorios nos que estamos presentes».

En 2016, os bancos de alimentos en Galicia atenderon a preto de 95.000 persoas—1.511.805 persoas en toda España, das que máis de 350.000 son nenos— que teñen dificultades para acceder regularmente ao consumo de alimentos básicos para unha dieta equilibrada, como o leite. Actualmente, un de cada tres nenos españois vive por debaixo do limiar da pobreza segundo datos da Encuesta de condiciones de Vida del Instituto Nacional de Estadística (INE).

O ano pasado, os bancos de alimentos distribuíron 25,5 millóns de litros de leite, pero considérase unha cifra insuficiente. Existe un déficit de 57,5 millóns de litros para acadar o obxectivo mínimo recomendado polos expertos, dun litro por persoa e semana.

Segundo explica o nutricionista Wendu Tesfaye: «O leite polo seu alto valor nutricional e biodisponibilidade afecta positivamente ao crecemento e o estado da saúde dos nenos vulnerables. Recoméndase o consumo de 2-3 racións diarias de leite e produtos lácteos ».

Grazas á xenerosidade de miles de cidadáns e a la implicación, tamén, de múltiples personalidades destacadas do mundo do deporte e a cultura, nas dúas edicións anteriores recolleuse unha suma de 2,5 millóns de litros de leite, que se distribuíron, a través dos bancos de alimentos e coa colaboración dos voluntarios de “la Caixa”, as súas entidades sociais beneficiarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *