A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

CaixaBank financiará novas plantacións de castiñeiros en Galicia

CaixaBank financiará novas plantacións de castiñeiros en Galicia

Jesús Quintá e José Manuel López

CaixaBank e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida de Castaña de Galicia asinaron un acordo para facilitar ao seu produtores financiamento para emprender novas plantacións deste cultivo. O convenio, que foi subscrito polo presidente da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá, e polo director de área de CaixaBank, José Manuel López, enmárcase no interese que espertou entre os produtores galegos este cultivo, ao ser un produto que experimentou unha crecente demanda, concentrada principalmente nos mercados exteriores.

Nestes momentos, Galicia conta con 60.000 hectáreas cultivadas que ofrecen un rendemento de 20 millóns de toneladas deste froito, aproximadamente a metade da produción nacional. O préstamo para a plantación de castiñeiros posto en marcha por CaixaBank, que conta cunha subvención da Xunta de Galicia, permitirá incrementar nos próximos anos esta superficie, grazas á plantación de novas explotacións coas variedades máis produtivas desta árbore, en termos de calidade e rendemento.

No transcurso do acto, o representante de CaixaBank destacou o estreito contacto que a entidade quere manter cos produtores agrarios. Segundo López, un dos obxectivos de CaixaBank consiste en acompañar aos empresarios do sector primario para reforzar a súa competitividade. “Galicia destaca como unha das rexións que lideran a produción de castaña, pero ten o reto de facer crecer o sector, profesionalizando as súas explotacións e modernizando os seus centros de procesado e tratamento”. “En ambos os retos, os produtores saben que poden contar co apoio de CaixaBank”, asegurou.

A partir de hoxe, CaixaBank poñerá a disposición de todos os membros da IXP Castaña de Galicia ao persoal da súa rede AgroBank. Os seus xestores contan cunha acreditada experiencia en operacións e recursos agrarios ao traballar con numerosas empresas e autónomos das principais áreas produtoras de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *