A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Caixa Rural nomeou a Manuel Varela como novo presidente

A entidade obtén no 2015 un resultado neto superior os 3,1 millóns de euros e acada os 720 millóns en depósitos bancarios

Caixa Rural nomeou a Manuel Varela como novo presidente

Manuel Varela, novo presidente de Caixa Rural Galega.

Caixa Rural Galega celebrou recentemente a súa asemblea xeral, na que nomeou como novo presidente a Manuel Varela López, que sucede no cargo a José María Pardo Montero, quen ostentou a presidencia dende o ano 1986 ata o seu falecemento no pasado mes de outubro.

Manuel Varela, que xa era vicepresidente da entidade desde xuño do 2015, é profesor de ensinanza secundaria e leva anos vinculado ao sector agroalimentario e ao cooperativismo galego. Formou parte do Consello Reitor da Cooperativa Melisanto dende o ano 1992 ao 2008, é membro do “Consello Galego de Cooperativas” dende o ano 2006 e forma parte do Consello Reitor de Caixa Rural Galega dende o ano 2000.

Tamén foi nomeado na recente asemblea da entidade, celebrada a finais de maio, un novo vicepresidente, Venancio Manuel Rocha López, membro do Consello Reitor dende o ano 1992.

Balance 2015
Entre outros asuntos da orde do día da asemblea, aprobáronse as contas do exercicio 2015, nas que destaca que Caixa Rural Galega acadou un resultado neto superior os 3,1 millóns de euros, o que supuxo un incremento de preto do 70% respecto ó exercicio precedente. Esta notable evolución débese basicamente á mellora de marxes, sobre todo na primeira parte do ano, a un maior volume intermediado e ás inferiores necesidades de dotacións por morosidade e activos adxudicados.

Caixa Rural naceu en Lugo hai 50 anos orientada ó sector agrario e hoxe conta con 46 oficinas na comunidade

Os depósitos superaron os 720 millóns de euros cun crecemento do 6% respecto de 2014, acadando, como vén sendo habitual, un novo máximo histórico. O investimento crediticio mantívose practicamente plano respecto do 2014, ó experimentar un lixeiro decrecemento do 0,51%.

A entidade, que cumpre o seu 50 aniversario, considera que afronta o futuro cunha boa posición de saída para os desafíos que divisa nos próximos anos. Caixa Rural Galega é a única cooperativa de crédito galega. Naceu alá polo ano 1966 en Lugo co obxectivo de servir ás necesidades financeiras do sector agrario, moi necesitado por aquel entón de impulsos e instrumentos que lle permitiran modernizarse. A entidade acada hoxe ás catro provincias galegas e traballa en todos os sectores produtivos dende as 46 oficinas que conforman a súa rede .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *