A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Caixa Rural Galega lanza o pago por móbil a través de Apple Pay

A entidade ofrece un novo servizo que permite procesar pagos de xeito máis rápido e sinxelo. O sistema funciona en Iphones

Caixa Rural Galega lanza o pago por móbil a través de Apple Pay

Caixa Rural Galega vén de poñer en marcha un servizo de pagos por móbil a través de Apple Pay. O sistema caracterízase pola súa sinxeleza e seguridade, poidendo ser empregado tanto para pagos en comercio como para pagos en webs ou aplicacións móbiles.

O director comercial de Caixa Rural Galega, José Manuel López, destaca que este servizo é un paso máis na aposta da entidade por facilitar o día a día dos seus clientes, dotándolles da tecnoloxía máis innovadora co apoio de grandes marcas como Apple Pay.

O funcionamento do sistema caracterízase pola súa seguridade e privacidade. Cando se realiza unha compra a través de Apple Pay, os números da tarxeta non son almacenados nos dispositivos nin nos servidores de Apple. Cada transacción autorízase cun código de seguridade dinámico.

Para as compras en comercios, Apple Pay funciona con iPhone SE, iPhone 6 e posteriores, así como con Apple Watch. Para pagos en aplicacións móbiles e webs é moi sinxelo, tan só facer dobre clic no botón lateral e mirar o teu móbil con Face ID ou poñer o dedo no Touch ID en función do dispositivo, todo sen necesidade de rexistrarte.

Para máis información, pódese visitar a páxina: www.ruralvia.com/applepay

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *