A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Bayer e VLPbio asinan un acordo para desenvolver novas vacinas e inmunoterapias para o gando

Bayer e VLPbio asinan un acordo para desenvolver novas vacinas e inmunoterapias para o gando

Bayer Animal Health GmbH e VLPbio- The Vaccines Company S.L. asinaron un acordo de colaboración internacional para investigar e desenvolver unha nova xeración de solucións inmunoterapéuticas que dirixan a alta demanda para opcións de tratamento innovadoras na área da medicina veterinaria.

Bayer Animal Health e VLPbio acordaron investigar e desenvolver de forma conxunta inmunoterapias veterinarias baseadas na tecnoloxía patentada por VLPbio, deseñada para inducir respostas inmunes específicas fronte a patoloxías aínda sen resolver. Esta tecnoloxía de partículas pseudovirais quiméricas (Ch-VLPs) é unha plataforma de presentación de antísenos para activar unha resposta inmune específica.

Ambas as compañías compartirán coñecemento sobre enfermidades non cubertas no sector veterinario e desenvolverán estratéxias cara a alternativas de tratamento centradas no cliente e empregando a tecnoloxía Ch-VLP. Esta colaboración ten como obxectivo crear ferramentas que dean forma ao futuro da sanidade animal e desenvolvan novos produtos para a prevención e tratamento de enfermidades en animais, mellorando así o seu benestar.

Para o Dr. Douglas Hutchens, Bayer Animal Health´s Head of Drug Discovery, External Innovation & Chief Veterinary Officer, “este acordo permitiranos intensificar o noso foco na inmunoterapia. Estamos moi orgullosos de colaborar cunha das startups máis innovadoras da industria e cremos firmemente que esta colaboración aumentará a nosa capacidade innovadora”.

Pola súa banda, Pablo Gutiérrez, Director Xeral en VLPbio, comentou: “O noso compromiso con esta colaboración baséase en tres vantaxes competitivas da nosa compañía: o potencial innovador da nosa tecnoloxía, a experiencia e a capacidade do noso equipo humano así como un plan estratéxico sólido do noso desenvolvemento. Esta posición está a ser recoñecida na industria: VLPbio foi unha das 12 compañías de innovación finalistas no Animal Health Investment Forum Europe 2019 elixida para presentar os seus produtos e tecnoloxías como proposta para o investimento na área de saúde”.

Sobre VLPbio

VLPbio é unha compañía tecnolóxica vallisoletana con sede no Parque Tecnolóxico de Boecillo que desenvolve novas vacinas e inmunoterapias fronte ás enfermidades non resoltas de maior impacto no sector veterinario. Para iso emprega unha tecnoloxía patentada baseada en partículas quiméricas similares a virus (Ch-VLPs) que actúan como unha plataforma de presentación de antíxenos para xerar respostas inmunes específicas.

Sobre Bayer

Bayer é unha empresa multinacional con competencias clave nas áreas de ciencias da vida relacionadas coa saúde e a agricultura. Cos seus produtos e servizos, a empresa quere ser útil á humanidade contribuíndo a atopar solucións aos grandes desafíos que expoñen o envellecemento e o crecemento constantes da poboación mundial. Ao mesmo tempo, o grupo aspira a aumentar a súa rendibilidade e a crear valor a través da innovación e o crecemento. Bayer adhírese aos principios da sustentabilidade, e as súas marcas son sinónimo de confianza, fiabilidade e calidade en todo o mundo. No exercicio 2018, o grupo, con ao redor de 117.000 empregados, obtivo unha facturación de 39.600 millóns de euros, realizou investimentos por valor de 2.600 millóns de euros e destinou 5.200 millóns de euros a investigación e desenvolvemento. Para máis información, visite a web www.bayer.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *