A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

BASF presenta solucións innovadoras para reducir o impacto ambiental dos xurros gandeiros

BASF presenta solucións innovadoras para reducir o impacto ambiental dos xurros gandeiros

Silvia Cifre, directora da División de Protección de Cultivos de BASF

A Responsable dos Cultivos Extensivos de BASF en España, Silvia Martínez Barrachina, explicou esta semana en Zaragoza as claves de Vizura®, un produto innovador que garante beneficios ambientais importantes como unha redución do 45% das emisións de gases nitrogenados dos xurros gandeiros e de máis do 65% das perdas de nitróxeno por lavado. Ademais o uso de Vizura® pode supor un aforro de ata o 30% en custos en fertilización para o agricultor e unha xeración de beneficios para os produtores de xurros, que pasan de ter un residuo, a ter un fertilizante completo que poden comercializar.

Silvia Martínez participou na xornada sobre a xestión sustentable de xurros, unha problemática de gran transcendencia por mor da entrada en vigor do Real Decreto 980/2017 de 10 de novembro, polo que se introduciron imporantes cambios na aplicación da Política Agrícola Común (PAC) en España, o que vai marcar un antes e un despois na xestión dos xurros.

Como puxo de manifesto durante a inauguración da xornada a Directora da División de Protección de Cultivos de BASF en España, Silvia Cifre, “a industria gandeira é a cuarta industria do país (da dimensión da industria automobilística, do petróleo e combustibles e a da produción e distribución de enerxía eléctrica), polo que é fácil entender a problemática que estas novas esixencias supoñen para o sector, que se ve obrigado a buscar en curto prazo soluciones eficaces e innovadoras que aseguren a xestión sustentable de xurros, a diminución das emisións de gases nitrogenados (NH3) e as perdas de nitróxeno por lavado”.

O Real Decreto de xurros será obrigatorio aplicalo dende o 1 de xaneiro de 2019

A xornada arrincou cunha exposición por parte de representantes do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) e de diferentes comunidades autónomas (Cataluña, Aragón e Murcia), sobre a diferente aplicación que realizarán cada comunidade autónoma durante o ano de excepción que se contemplou para a aplicación deste Regulamento.

A continuación tivo lugar unha mesa redonda de produtores e industriais, coa participación de ANPROGAPOR, Cooperativas Agroalimentarias e Grupo Jorge, na que se puxo de manifesto o impacto social e económico do sector gandeiro, que xera uns 115.000 postos de traballo directo (entre área gandeira e de industria transformadora) e máis de 140.000 postos de traballo indirecto.

Tras un relatorio maxistral do experto en xestión agrícola de xurros do IRTA Mas Badia, Francesc Domingo, a xornada finalizou cunha exposición de catro exemplos de solucións innovadoras ao servizo do produtor e o agricultor: desde aplicacións tecnolóxicas para o control dixital do ciclo de produción e a aplicación de xurros por parte de Agroslab Purines, á adaptación de maquinaria de aplicación por inxección de Rigual ou as solucións do uso de xurros para a produción de biogás de Genia Global Energy.

A xornada pechouse coa intervención do Conselleiro de Desenvolvemento Rural e Sosteniblidad, Joaquín Olona, que declarou que “os xurros son unha importante fonte de nitróxeno dispoñible para o agricultor polo que se debe fomentar a práctica do uso dos xurros como fertilizante con todas as garantías medio ambientais, porque niso nos vai a sustentabilidade do sector, e coa sustentabilidade a viabilidade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *