A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Así funcionan as biotrituradoras FÖRST, disbribuidas por Millasur

Millasur convértese en distribuidor exclusivo para España e Portugal das biotrituradoras profesionais Först. A maquinaria de Först é unha das máis valoradas e prestixiosas de Europa, e por fin chega á Península Ibérica

Ante as novas necesidades legais e ambientais en materia de reciclaxe e xestión de residuos chega a España e Portugal, da man de Millasur, a gama de máquinas trituradoras de madeira Först.

Ao longo de finais de 2018 Millasur percorreu parte do territorio español para mostrarlle aos profesionais do sector forestal as calidades da máquina de biotriturado da firma inglesa. Profesionais e empresas de distintas comunidades autónomas, como Cataluña, Valencia, Castela e León, Madrid ou Aragón, tiveron a oportunidade de probar in situ as biotrituradoras da marca británica, todo un estándar de eficiencia e calidade no mercado europeo.

A trituradora Först ST6 P cultivou, entre aqueles que tiveron a oportunidade de probala, críticas unanimemente positivas durante os tests. Estes encomiaron a súa rapidez, robustez e eficacia en todo tipo de contornas de traballo.

Millasur non só distribuirá a Först ST6 P, senón que incluirá no seu catálogo os distintos modelos da Först TR, vehículos de oruga ideais para traballos de astillado de madeira nos terreos máis abruptos ou as biotrituradoras de rodete Först PT, usadas na eliminación e o tratamento de madeira de alto volume en terreos agrícolas.

Os profesionais presentes nas demostracións das biotrituradoras Först comprobaron a súa versatilidade, e o seu uso en múltiples contextos; como a transformación de bioresiduos en acolchado ( mulching), a creación de abonos orgánicos (compostaxe) ou a xeración de enerxía combustible renovable mediante biomasa.

Entre os usuarios potenciais de Först atópanse non só os profesionais do sector madeireiro, senón que tamén administracións públicas, interesadas no tratamento e reciclaxe das súas bioresiduos, ou particulares para a xestión de restos de materia orgánica de pequeno volume.

Para saber máis sobre as biotrituradoras de madeira Först consulte a seguinte ligazón

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información