A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

As cooperativas agrarias galegas súmanse á campaña de recollida de leite que impulsa “la Caixa”

Coreber, Icos ou Melisanto son algunhas das cooperativas implicadas nesta acción solidaria que leva o nome de “Ningún neno sen bigote”

As cooperativas agrarias galegas súmanse á campaña de recollida de leite que impulsa “la Caixa”

As cooperativas agrarias galegas respaldan á campaña “Ningún neno sen bigote” de recollida de leite que a Obra Social “la Caixa” impulsa en Galicia. Ademais dos puntos de recollida establecidos nas douscentas oficinas de CaixaBank na comunidade, os cooperativistas galegos decidiron sumarse e colaborar nesta acción solidaria que ten como obxectivo que a ningún neno galego lle falte este alimento fundamental para o seu crecemento.

O apoio dos cooperativistas galegos escenificárono os profesionais da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), entre eles o seu xerente, Higinio Mougán, facendo uso do bigote co que a campaña quere animar a todos os galegos a achegar os seus bricks de leite. Cobideza e Botos, en Lalín; Icos, en Chanta; Cova de Vales en Curtis; ou Coreber, en Laracha, son algunhas das cooperativas que están a recoller o leite que, a través dos bancos de alimentos, repartirase entre todas as familias que o necesiten.

O leite, produto fundamental nunha dieta equilibrada

Aínda que o leite é un dos produtos máis solicitados polas entidades sociais que atenden a colectivos en risco de exclusión social, non logra cubrirse a demanda existente. O ano pasado, os bancos de alimentos distribuíron 24 millóns de leite. Con todo, considerando un consumo ideal de leite por persoa e semana, estímase que se necesitan 59 millóns anuais máis.

O leite supón unha importante fonte de proteínas, enerxía, graxa, minerais e vitaminas, pero ademais contén unha ampla serie de compostos que desempeñan un papel fundamental no crecemento e desenvolvemento. No caso dos nenos, pasados os tres primeiros anos recoméndanse dúas ou tres racións diarios de lácteos, que se aumentarán a tres ou catro racións durante a fase de rápido crecemento da adolescencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *