A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech Spain obtén a certificación ISO 22000-2005

A sede española de Alltech, empresa líder mundial en saúde e alimentación animal conseguiu a certificación de BUREAU VERITAS de Sistemas de Xestión da Inocuidade dos Alimentos.

Alltech Spain obtén a certificación ISO 22000-2005

Alltech Spain  obtivo a certificación ISO 22000:2005 sobre a inocuidade dos alimentos ao longo de toda a cadea de produción, da man de BUREAU VERITAS. A norma ISO 22000 é un estándar mundial desenvolvido pola Organización Internacional de Normalización sobre a seguridade alimentaria durante o transcurso de toda a cadea de subministración.

Para Alltech Spain, “esta certificación supón cumprir cun dos obxectivos corporativos de garantir a seguridade alimentaria en todos os procesos e a fabricación dos nosos produtos converténdonos nun referente do sector”.

Ana Espinosa, responsable de Calidade de Alltech Spain destaca que “esta certificación responde o compromiso da compañía pola mellora continua e pola procura da máxima calidade nos nosos procesos produtivos”.

“O sistema de calidade e trazabilidade de Alltech garante o cumprimento dos máis altos estándares de calidade e inocuidade alimentaria e, por tanto, dá absoluta confianza aos nosos clientes”, engade. Con esta nova certificación de BUREAU VERITAS sobre a Xestión da Inocuidad Alimentaria, Alltech Spain achega novas garantías de calidade aos seus clientes.

“En Alltech, axudamos aos agricultores e gandeiros a alimentar ao mundo, a criar animais sans e a protexer o medio ambiente a través da innovación e o desenvolvemento das nosas solucións en nutrición. Trinta e cinco anos de investigación en nutrición e saúde animal permítennos desenvolver e fabricar novos suplementos alimenticios que melloran o rendemento dos animais e os resultados dos gandeiros. Xunto a nosos máis de 6.000 empregados de gran talento en todo o mundo, esforzámonos por lograr un planeta de abundancia grazas á nosa iniciativa ?Working Together for a Planet of Plenty”, destacan dende a compañía. Mediante a implementación de novas tecnoloxías, melloras no manexo das explotacións e o enxeño propio do espírito humano, “cremos que un planeta de abundancia está ao noso alcance”.

“O noso grao de satisfacción pola certificación ISO 22000, que todo o equipo de Alltech Spain conseguiu, é moi alto. A obtención dunha certificación como é a ISO 22000 supón un valor engadido para todos os nosos clientes”, asegurou Alejandra Galipienso, directora xeral de Alltech Spain.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *