A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech selecciona titulados universitarios para formalos no sector de vacún de carne

Alltech lanza o European Beef Career Development Programme,  convocando aos futuros líderes do sector da carne de vacún

Alltech selecciona titulados universitarios para formalos no sector de vacún de carne

Alltech ten plans de investir un millón de dólares durante o próximo ano no desenvolvemento dunha plataforma innovadora de novas tecnoloxías, para a nutrición do gando vacún de carne, e ao mesmo tempo, está a ofertar recentes titulados universitarios, a oportunidade de asumir o liderado desta iniciativa.

As solicitudes xa se están a presentar online para o novo Alltech Beef Career Development Programme, dedicado aos recentes titulados universitarios en Europa. Cinco candidatos serán seleccionados para aproveitar esta oportunidade única de mellorar a saúde e o benestar animal, ademais de incrementar a rendibilidade do gando vacún de carne.

O programa será dirixido por Neil Keane, Director comercial de ruminantes, en Alltech. “Os titulados universitarios de hoxe tomarán as decisións estratéxicas do mañá”, dixo Keane. “O enfoque que estamos a adoptar, non consiste unicamente en dar instrucións e compartir coñecementos, senón en mostrar aos titulados universitarios o camiño da aprendizaxe, por medio da experiencia.

O programa permitirá aos titulados universitarios, con paixón polo gando de vacún de carne, desenvolver solucións para os problemas emerxentes do sector e deixar o seu selo persoal neste sector en constante expansión”.

Unha completa formación para os seleccionados

O Alltech Beef Career Development Programme, ofrece os mellores titulados universitarios, aos máis brillantes e motivados, a oportunidade de aprender, liderar, innovar e brillar no sector da carne de vacún, de rápido crecemento no mundo.

Os candidatos seleccionados recibirán formación, a nivel mundial, no Sistema Alltech de nutrición do gando vacún de carne, e serán asignados a algúns dos máis emprendedores feedlots, en Turquía, Italia, Alemaña, Francia e España, para aprender, de primeira man, como opera unha unidade de rematado de vacún de carne.

Os candidatos seleccionados tamén viaxarán á sede central mundial de Alltech, en Lexington, Kentucky, para un curso formativo de iniciación de tres meses.

Alltech ten como obxectivo, desenvolver o potencial de futuros líderes do sector da carne de vacún e valorar o desenvolvemento a longo prazo do talento, co Alltech Career Development Programme, en marcha dende o comezo de 2012.

O Alltech Beef Career Development Programme é un de catro novos programas, cuxo prazo está aberto actualmente para o envío de solicitudes.

Alltech aceptará as solicitudes enviadas por recentes titulados universitarios europeos que teñan titulación de grao ou licenciatura, ou a súa titulación de máster, en ciencias animais, en ciencias, en estudos agroempresariales ou en medicina veterinaria, ata o 31 de maio. Os candidatos seleccionados iniciarán o Programa en setembro de 2015.

Os aspirantes poden presentar a súa solicitude en: http://www.alltech.com/about/careers/alltech-career-development-program.

Únase á conversación en Twitter co #EUBeefCDP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *