A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech E-CO2 presenta unha nova ferramenta para mellorar a eficiencia na produción porcina

Alltech E-CO2 presenta unha nova ferramenta para mellorar a eficiencia na produción porcina

Os produtores porcinos desexosos de identificar distintas oportunidades para mellorar a eficiencia do seu negocio  teñen á súa disposición unha nova ferramenta integral de avaliación de Alltech E-CO2. James Wynne, director dos servizos de consultoría e gandería de Alltech E-CO2, anunciou a semana pasada aos asistentes da feira porcina e avícola do Reino Unido que, por primeira vez, a industria dispón dun modelo computacional integral para avaliar o rendemento físico, económico e ambiental.

“O noso novo modelo de avaliación ambiental Pig EA incorpora unha ferramenta adicional de custo de produción que permitirá aos gandeiros porcinos reducir o impacto do seu negocio sobre o medioambiente, así como mellorar a eficiencia da produción e os resultados económicos”, afirmou Wynne. “Tras introducir os datos, a ferramenta calcula as emisións de carbono e o custo de produción, ademais de identificar as oportunidades de mellora da explotación porcina, xa sexa a nivel da granxa ou do negocio na súa totalidade”.

James Wynne tamén sinalou que, no contexto actual de crise económica, o uso deste modelo pode ser especialmente beneficioso.

“Agora é o momento perfecto para que outro par de ollos avalíe o seu negocio e, sen dúbida, esta nova ferramenta axudaralle a ver as cousas de forma lixeiramente diferente”, destacou Wynne.

Alltech E-CO2 iniciou a súa andaina o 5 de febreiro de 2015, tras completarse a compra de E-CO2 Project Limited por parte de Alltech. O negocio foi adquirido para reforzar a oferta de servizos ambientais que Alltech proporciona aos produtores. O obxectivo de Alltech E-CO2, líder en servizos de avaliación ambiental e de medición de carbono na granxa, é contribuír á loita contra o cambio climático e mellorar a sustentabilidade das actividades agrícolas.

Esta nova ferramenta de avaliación do custo de produción vinculado ás emisións de carbono foi desenvolvida en colaboración con ABA (Agricultural Business Analysis). Ao longo do últimos seis anos, ABA traballou estreitamente con distribuidores e procesadores líderes do sector na análise de datos de rendemento físico e económico procedentes de granxas de porcino, ovino e vacún de carne e leite.

“Hoxe en día aínda existe unha gran variabilidade na eficiencia de produción da carne de porco”, afirmou Alan Bason, director xerente de ABA. ?O indicador principal da eficiencia é o quilo de carne producido por porca e ano, pero unha produción de baixo custo ten un impacto real sobre o medioambiente?.

“Por tanto, poder incorporar nunha única ferramenta de medición do custo de produción parámetros crave de avaliación do impacto ambiental, como a xestión dos xurros e o volume de penso, é sumamente importante”, engadiu Bason. “Aforrará tempo aos produtores e permitirá á industria porcina identificar oportunidades de mellora da eficiencia dunha forma moito máis completa”.

Os produtores, procesadores e distribuidores interesados en comprobar como o novo modelo pode axudar á industria porcina a cumprir cos obxectivos de emisións mediante unha produción máis sustentable poden contactar con Alltech E-CO2 chamando ao (+44) 1 270 522645.A empresa tamén ten previsto desenvolver modelos similares de avaliación do custo de produción vinculado ás emisións para o sector avícola, leiteiro e vacún de carne.

Acerca de Alltech E-CO2:

O obxectivo de Alltech E-CO2, líder en servizos de avaliación ambiental e de medición de carbono na granxa, é contribuír á loita contra o cambio climático e mellorar a sustentabilidade das actividades agrícolas. Coa gandería como centro da súa actividade, Alltech E-CO2 desenvolve solucións en beneficio dos produtores, identificando oportunidades de mellora da eficiencia na granxa que permitan aumentar a rendibilidade e a sustentabilidade. Para iso, conta cun equipo rexional de avaliación na granxa repartido ao longo e ancho do territorio británico e irlandés para proporcionar servizos de consultoría e asesoría.

Alltech E-CO2 traballa coa organización Carbon Trust para certificar as súas ferramentas coa norma recoñecida internacionalmente ?PAS 2050? de medición da pegada de carbono ao longo do ciclo de vida dos produtos. Esta acreditación garante unha avaliación independente e unha validación internacional dos produtos e servizos que proporciona Alltech E-CO2 e permite ofrecer aos seus clientes a máis alta calidade.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información