A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech chama a tomar medidas para reducir o risco de micotoxinas nos silos

As análises realizadas por Alltech a nivel europeo mostran que a presenza de micotoxinas de Penicillium detectouse no 100 % das mostras procesadas das colleitas estivais, e que máis do 60 % das mostras estaban contaminadas por tricotecenos de tipo B e acedo fusárico

Alltech chama a tomar medidas para reducir o risco de micotoxinas nos silos

O ensilado de herba desta primavera ten un elevado risco de micotoxinas segundo Alltech

Os resultados das mostras recollidas recentemente como parte da análise europea que realiza Alltech das colleitas estivais mostran a existencia dun risco elevado de contaminación por micotoxinas nas racións Unifeed e o ensilado de herba.

O equipo de control de micotoxinas de Alltech clasificou as mostras de ensilado de herba obtidas en Irlanda e Reino Unido como de “risco elevado” tras detectar a contaminación por micotoxinas de Penicillium no 100 % das mostras analizadas, cun valor medio de 978 ppb (partes por billón) e un contido máximo de ata 3389 ppb. Así mesmo, máis do 60 % das mostras presentaba tricotecenos de tipo B e acedo fusárico, e un 15 % contiña aflatoxina B1 nunha cantidade media de 12 ppb e ata un máximo tan elevado como de 98 ppb.

As mostras de España tamén mostraron risco elevado de presenza de tricotecenos e micotoxinas

Doutra banda, as mostras obtidas das racións Unifeed de Dinamarca, Francia, Italia, Alemaña e España tamén mostraron un risco elevado de presenza de tricotecenos de tipo A e micotoxinas de Penicillium.

O equipo de control de micotoxinas de Alltech fai un chamamento aos produtores para facer fronte de forma proactiva ao risco de contaminación por micotoxinas recollendo periodicamente mostras da ración Unifeed e dos ensilados de herba para detectar posibles problemas e implementar programas de control adecuados.

“As micotoxinas de Penicillium son coñecidas como micotoxinas de almacenamento, xa que crecen despois da recolección”, explicou Alexandra Weaver, técnico especialista do programa de control de micotoxinas de Alltech. “As condicións meteorolóxicas rexistradas recentemente no continente europeo, con temperaturas suaves e un aumento das precipitacións, propiciaron o escenario perfecto para que proliferen os fungos, tanto nos cultivos como en almacenamento, o que aumenta o risco de multicontaminación”.

“As temperaturas suaves para este época e as precipitacións aumentan a proliferación de fungos”

En especial, os gandeiros leiteiros deben prestar especial atención a unha serie de indicios que suxiren unha posible inxesta de alimento contaminado por micotoxinas, como a diminución do consumo, os trastornos reprodutivos, a laminite, a mastite ou unha mala resposta inmunitaria aos programas de vacinación. As micotoxinas de Penicillium, pola súa banda, poden afectar de forma considerable á actividade do rume. Os gandeiros poden observar nese caso feces inconsistentes, baixa produción láctea ou alteración da calidade do leite.

“Se non se comproba nin se controla, a contaminación por micotoxinas, mesmo a concentracións baixas, pode levar unha perda de produción ao longo do tempo”, destacou a Dra. Weaver.

O programa de análise de micotoxinas Alltech 37+® pode detectar a presenza de máis de 37 tipos diferentes de micotoxinas no alimento, as materias primas ou a forraxe. Ofrece ademais unha avaliación do risco para os animais, así como recomendacións personalizadas, dúas semanas despois de remitir as mostras.

Para máis información sobre o programa de control de micotoxinas de Alltech, visite knowmycotoxins.com. Para solicitar unha análise dunha mostra da súa ración Unifeed ou do ensilado de herba, faga clic aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *