A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alimentación e benestar animal unidos na produción de leite

Alimentación e benestar animal unidos na produción de leite

Diversos son os factores que inflúen no desempeño produtivo e na obtención de leite de calidade. Hai que coidar até o último detalle durante todo o período de produción para obter un produto de máxima calidade, pondo especial atención ao comportamento, a alimentación e a bebida que reciben as vacas, porque canto mellor estean, maior será a calidade que obteñamos.

Hoxe en día, ademais de leite de calidade e a bo prezo, o consumidor está a demandar unha serie de condicións para a súa produción, entre as que está o respecto aos animais, o medio ambiente e a seguridade alimentaria. Segundo o Eurobarómetro sobre benestar animal, o 94% dos europeos cre importante que os animais de granxa dispoñan dunha boa calidade de vida, e cada vez máis persoas preocúpanse pola orixe do leite que consomen nos seus fogares.

Para mellorar a calidade do benestar animal, a industria láctea está a certificar as súas granxas seguindo diversos protocoles establecidos a nivel nacional e internacional, onde priman sempre uns criterios fixos por encima doutros baseados no Protocolo de Welfare Quality ®

– A boa alimentación: É importante que o animal estea correctamente alimentado, sen que exista fame ou sede prolongada.

– O bo aloxamento: Os animais deben ter un bo confort durante o descanso, e unha gran facilidade de movemento, así como tamén infraestruturas que permitan protexelos contra estrés calórico.

– Un bo estado sanitario: Todo animal debe estar san, carecer de lesións, así como ausencia de enfermidades e de dor inducida polo manexo.

– Un comportamento apropiado: É moi importante que o animal teña un comportamento apropiado, atendendo á expresión da conduta social e outros hábitos, unha boa relación humano-animal, e ter un estado emocional positivo.

A alimentación e bebida dos animais

Cada gandaría é diferente e require o seu propio concepto nutricional. O animal e a súa contorna son importantes e, por iso, desde De Heus cremos que, dentro destes factores, a alimentación é un factor clave, posto que un animal san equivale a un produto de calidade. E é que o coidado das vacas ten un impacto directo na calidade do produto e considérase un dos alicerces fundamentais dentro de toda a produción.

Manter aos animais sans e optimizar o seu rendemento día tras día son as metas dos nosos clientes e, por tanto, tamén as de De Heus, sendo a nutrición animal a clave para obter eses obxectivos. Neste sentido, a nosa empresa pon no mercado pensos compostos de alta calidade cuns resultados predicibles, adecuados á raza, estado fisiolóxico e fase de crecemento, que contribúen ao éxito do gando dos nosos clientes.

De Heus é máis que un provedor de pensos compostos, xa que colleita e xera coñecemento nutricional desde todo o mundo e trasládao a solucións prácticas para os nosos gandeiros. Só os pensos da mellor calidade combinados cos coñecementos e o asesoramento do mellor servizo técnico poden axudar realmente ao progreso dos nosos clientes. Despois de todo o noso lema é De Heus powering progress!

Sabemos que o benestar é fonte de calidade e que a alimentación é unha das bases do benestar. Neste sentido, é esencial que a alimentación do vacún leiteiro conteña unha combinación equilibrada de nutrientes que permitan o expresar o máximo potencial produtivo, coa máxima seguridade dixestiva e o compromiso co medio ambiente que caracteriza á cultura da nosa empresa.

Nesta liña, De Heus contribúe a xerar unha gandaría máis respectuosa cos animais e, por conseguinte, coa produción de leite, ofrecendo un asesoramento completo a todos os seus clientes grazas á axuda do seu Servizo Técnico e unha alimentación de alta calidade adaptada ás necesidades de cada cliente.

de heus benestar vacun

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información