A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Acruga e La Caixa asinan un convenio para ofertar produtos e servizos financieiros con condicións especiais para os gandeiros

Acruga e La Caixa asinan un convenio para ofertar produtos e servizos financieiros con condicións especiais para os gandeiros

A entidade financieira Caixabank S.A. (La Caixa) e a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) veñen de asinar un convenio de colaboración para ofrecer produtos e servizos financieiros con condicións especiais para os asociados de Acruga, profesionais do sector agrogandeiro.

A sinatura tivo lugar esta mañá na sede de Acruga, entre o presidente desta asociación, César Dorado, e o xefe de zona en Lugo de La Caixa, José Manuel López López. Grazas a este convenio, os preto de 1.900 asociados de Acruga poderán beneficiarse de importantes vantaxes á hora de acceder ós diferentes produtos bancarios que oferta La Caixa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *