A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Aberto o prazo para inscribirse no programa “Young Scientist” de Alltech

Aberto o prazo para inscribirse no programa “Young Scientist” de Alltech

Alltech Young Scientist Awards 2017

O programa “Young Scientist” de Alltech, que alcanza a súa 13ª edición, é considerado un dos certames mundiais dirixidos a estudantes universitarios e dedicado ás ciencias agrícolas máis prestixiosos. Este programa acaba de abrir o prazo para que os estudantes en ciencias agrícolas que desexen participar na edición de 2018 poidan enviar as súas candidaturas.

Os estudantes graduados participantes competirán primeiro por rexións: América do Norte, América Latina, Asia Pacífico ou Europa/África. Convidarase a continuación ao gañador de cada rexión para asistir, con todos os gastos pagos, á semana de descubrimento do programa “Young Scientist” de Alltech en Lexington (Kentucky, EE. UU.), onde participarán na competición mundial que decidirá os gañadores do certame durante ONE: The Alltech Ideas Conference (ONE18) que se celebrará do 20 ao 23 de maio de 2018.

O pregrao seleccionado recibirá unha bolsa completa para cursar un doutoramento e un premio en metálico de 5000$, mentres que o graduado premiado obterá unha bolsa completa para un postdoutorado e unha recompensa en metálico de 10.000$.

“A formación continua é un dos valores esenciais de Alltech, polo que sentimos especialmente orgullosos de poder apostar e investir nestas novas mentes brillantes a través do noso programa Young Scientist de Alltech”, destacou Aoife Lyons, directora de iniciativas educativas e compromisos de Alltech. “Brinda un escenario mundial para que os estudantes poidan presentar a súa investigación e proseguir a súa formación, ademais de poder unirse ao equipo de Alltech”.

O prazo para inscribirse no programa finaliza o 31 de outubro

O prazo para inscribirse na edición de 2018 do programa xa está aberto e finalizará o 31 de outubro de 2017. Os estudantes han de ser propostos por un profesor para poder participar e deben presentar un artigo científico nunha temática como saúde animal e nutrición, tecnoloxía de cultivos, métodos de análises agrícolas, seguridade da cadea alimentaria e trazabilidade, saúde pública e nutrición ou outra materia relacionada coas ciencias agrícolas.

A presentación dos artigos debe realizarse en liña antes do 31 de decembro de 2017. Os finalistas de cada rexión anunciaranse en marzo de 2018.

Para máis información e inscribirse no programa “Young Scientist” de Alltech, visite AlltechYoungScientist.com e siga conectado a través da páxina de Facebook de Alltech Education.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *