A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Abanca ofrecerá financiamento en condicións preferentes a viticultores e adegas de Valdeorras

Abanca ofrecerá financiamento en condicións preferentes a viticultores e adegas de Valdeorras

Sinatura do convenio

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e ABANCA renovaron este xoves a súa colaboración en materia financeira. O presidente do Consello Regulador, José Luís García Pando, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra Pedreira, rubricaron en Vilamartín un texto que escenifica o compromiso da entidade financeira cun compoñente básico da economía produtiva da provincia de Ourense e cun sector estratéxico para Galicia: o vitivinícola. No acto tamén participou o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro Pereira.

O Consello Regulador do D.O.Valdeorras e ABANCA activan con este convenio alternativas de financiamento flexibles para facer fronte ás necesidades de adegueiros e viticultores durante os próximos meses, por exemplo a póliza de crédito vitivinícola que pode estenderse ata cinco anos e que permite afrontar gastos correntes.

Liñas de axuda da Xunta

Ademais, nesta mesma área, os clientes da entidade financeira poderán beneficiarse das liñas de axuda que acaba de activar a Xunta de Galicia, a través das cales adegueiros e viticultores poderán financiar os gastos de campaña e refinanciar os pasivos bancarios que venzan no próximos tres anos, con intereses ao 0%.

Doutra banda, este convenio complétase con outros produtos como a liña de financiamento de investimento cun prazo de ata 12 anos sen comisións, financiamento a través de leasing, liñas de confirming, liñas de comercio exterior para aquelas adegas con actividade exportadora ou anticipo de subvencións ou impostos.

O convenio facilita tamén o poder asegurar a colleita a través das liñas de Agroseguro e cubrir danos como os ocasionados polas xeadas, a seca ou a sarabia e que poden supor perdidas importantes na produción, tal e como ocorreu este ano.

O convenio tamén incorpora seguros para adegas e unha liña de financiamento específico para facilitar o pago daquelas primas máis elevadas.

Sobre ABANCA Agro

Esta iniciativa desenvólvese a través de ABANCA Agro, a división específica de ABANCA centrada no sector primario e en dar resposta ás súas necesidades. Esta división achega un valor engadido diferencial a través da súa oferta diferenciada para o sector e conta cunha rede de oficinas moi ampla en Galicia e con presenza na maior parte de municipios nos que ten relevancia o sector vitivinícola.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información