A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ABANCA e Unións Agrarias asinan un acordo de servizos financeiros

Os asociados terán acceso a produtos especificamente deseñados para dar resposta ás principais preocupacións dos profesionais

ABANCA e Unións Agrarias asinan un acordo de servizos financeiros

Roberto García e Jesús Combarro

ABANCA e Unións Agrarias impulsan de maneira conxunta a sostibilidade do sector primario tras a firma dun novo convenio financeiro. Neste texto ambas entidades conxugan os seus esforzos e ofrecen solucións para as principais demandas dos asociados do sector.

Na sinatura, que tivo lugar hoxe na sede de Unións Agrarias en Santiago de Compostela, participaron o director de Banca Minorista de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García González. Tamén asistiron ao acto o director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira, e o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro Caneda.

Unha aposta pola competitividade

ABANCA e Unións Agrarias centran a atención con este convenio na mellora do acceso ao crédito como ferramenta imprescindible para reforzar a competitividade das explotacións galegas e acadar a sostibilidade. Para adecuarse ás súas necesidades financeiras, o banco con sede en Galicia ofrece un amplo abanico de produtos entre os que destaca unha póliza de crédito que se pode estender ata cinco anos e que permite facer fronte aos investimentos dunha maneira flexible.

O texto asinado entre as dúas entidades inclúe outras opcións de financiamento con produtos expresamente adaptados ao sector como o desconto comercial, préstamos persoais ou hipotecarios, leasing ou avais. A aposta das dúas entidades por estes profesionais compleméntase coa opción de anticipar subvencións ou as PAC sen xuros ou sen comisiones ou fraccionar dun xeito flexible o pago de impostos. ABANCA tamén facilitará aos asociados de Unións Agrarias o acceso aos convenios subscritos con organismos públicos como Igape, ICO o SGR, que poñen o acento na modernización das instalacións ou o lanzamento de novos proxectos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *