A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Abanca e Boaga unen esforzos cun convenio para impulsar a viabilidade das razas autóctonas de Galicia

Abanca e Boaga unen esforzos cun convenio para impulsar a viabilidade das razas autóctonas de Galicia

Jesús Combarro, José Ramón Justo e Enrique Romero

Abanca e a Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a viabilidade económica do primario galego.

O director de Boaga, José Ramón Justo, e o director de zona de ABANCA en Ourense-Oeste, Enrique Romero, rubricaron en Ourense un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira coas explotacións gandeiras de Galicia.

O convenio facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe o acceso a toda a oferta para o sector agro-gandeiro.

Do mesmo xeito, os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Boaga constituíuse no ano 2001 e agrupa ás ganderías das oito razas autóctonas de Galicia (cachena, caldelá, frieiresa, limiá, vianesa, ovella galega, galiña de Mos e cabra galega).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información