A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A Feira do Viño de Valdeorras contará coa participación de 17 adegas

O alcalde do Barco, Alfredo García, e o presidente do Consello Regulador da D.O Valdeorras, Francisco García, presentaron esta mañá as actividades que se desenvolverán no marco da XIX edición deste foro vinícola

Publicidade
A Feira do Viño de Valdeorras contará coa participación de 17 adegas

O alcalde do Barco, Alfredo García, -dereita- e o presidente do Consello Regulador da D.O Valdeorras, Francisco García

A Feira do Viño da Denominación de Orixe Valdeorras, que se celebrará na praza barquense de Viloira os próximos 16 e 17 de xullo, contará coa participación de 17 das adegas da D.O, unha máis que en 2015. Este foro vinícola, que alcanza o seu décimonovena edición, inaugurarase ás 12,30 horas da mañá do sábado 16 de xullo nun acto no que intervirá a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez. Despois da inauguración, tras o pregón e o percorrido das autoridades polas casetas participantes, actuará a charanga Fanfarria Taquicardia. O horario de apertura do recinto feiral, nas dúas xornadas, vai ser de 12,30 a 14,30 e de 19,00 a 23,00 horas.

No marco das actividades paralelas que se van a desenvolver ao amparo deste foro, destaca a celebración dunha cata profesional, que se poñerá en marcha nas instalacións do Consello Regulador na tarde do venres 15. Por vez primeira estará aberta a todas as adegas da zona e non só ás participantes na feira. Xunto a isto, haberá unha cata con xurado popular na tarde do sábado (entre as 18,30 e as 20,30 horas). Ao día seguinte, o domingo pola tarde entregaranse os premios aos viños gañadores de ambas as catas.

Ademais dos viños e da gastronomía, a música será a gran protagonista desta edición da Feira. Ademáis de Fanfarria Taquicardia, haberá actuacións do grupo valdeorrés Los Correctos e da banda Gin Toni´s, que ofrecerá un concerto na noite do sábado no que versionarán temas de coñecidos grupos da música española dos anos 80. Paralelamente, actuarán a charanga BB+ e a agrupación musical Pándega. Ademais, poñeranse en marcha actividades dirixidas aos máis pequenos nos xardíns da Casa Grande de Viloira con inchables, animación e talleres de globoflexia ou pintura, entre outros.

Chamamento aos visitantes

Estes datos foron desvelados esta mañá no decurso dunha rolda de prensa ofrecida polo alcalde do Barco, Alfredo García, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdoerras, Francisco García. Ambos efectuaron un chamamento ao público para que se achegue ata a comarca nas datas nas que se celebra a feira, e así poder coñecer de primeira man a singularidade dos viños da zona. En lestes sentido, a organización confía en superar a cifra de degustacións rexistrada o pasado ano.

Durante os dous días que dure a Feira, poñerase en marcha un tren turístico denominado “Valdeorras Expreso” que se encargará de transportar aos visitantes ata o recinto feiral. O tren funcionará en percorridos de ida e volta durante todo o horario de apertura do foro co paradas no polideportivo municipal de Calabagueiros, no hospital comarcal, na Praza do Concello e na Praza de Viloira.

Paralelamente, na rolda de prensa mostrouse o cartel divulgativo da XIX edición da Feira do Viño, un traballo que foi realizado por Uxía Conde Delgado, estudante de 11 anos no Colexio de Educación Infantil ou Primaria Xosé Manuel Folla Respino, de Vilamartín. Tal e como destacou o presidente do Consello Regulador, é a primeira vez que se convocou un concurso entre os escolares da comarca para elixir o cartel ilustrador da Feira.

Adegas participantes e colaboradores

As 17 adegas participantes nesta XIX edición da Feira do Viño de Valdeorras son as seguintes:

Guitián y Blanco
Cooperariva Jesús Nazareno
Bodega Roandi
Cooperativa Virgen de las Viñas
Bodega A Tapada
Bodega José González González
Bodega Eladio Santalla Paradelo
Adega Cepado
Bodega Sampayolo
Viña Somoza
Bodega Enrique Mayo  Alonso
Viña Costeira
Bodega Manuel Corzo
Adega Docampo-Gacio
Bodega María Teresa Núñez
Avancia
Ladera Sagrada

Na rolda de prensa, o alcalde do Barco e o presidente do Consello Regulador quixeron agradecer a implicación de todos os adegueiros participantes e das institucións e entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, MAGRAMA e Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información