A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A DO Ribeiro patrocinará a regata do Real Club Náutico de Vigo durante cinco anos

A 52ª regata Ribeiro Rías de Galicia disputarase do 13 ao 16 de agosto próximo e manterá as etapas de 2014

A DO Ribeiro patrocinará a regata do Real Club Náutico de Vigo durante cinco anos

Viviana García e Miguel Ángel Viso.

O Real Club Náutico de Vigo asinou hoxe coa Denominación de Orixe Ribeiro un acordo de patrocinio plurianual para a súa regata de cruceiros máis importante, que dende esta edición, a quincuaxésima segunda (52ª), pasa a denominarse Regata Ribeiro Rías de Galicia.

A presidenta da sociedade, Viviana García, e o seu homólogo da D.O.Ribeiro, Miguel Ángel Viso, asinaron o contrato de patrocinio que durará ata 2019, o que asegura a viabilidade e continuidade do evento por un lustro.

A regata, que xurdiu en 1964 “grazas á determinación do Náutico de asumir un papel dinamizador da provincia a nivel turístico”, explicou a súa presidenta, “demostrouse co tempo como un magnífico promotor do turismo náutico”.

Pola súa banda, o presidente da D.O. pechaba a intervención ante os medios asegurando a súa felicidade e a do pleno de adegas do Conselo Regulador por “este contrato que nos vincula os próximos cinco anos como patrocinador principal da histórica e máis prestixiosa regata de Galicia”.

Para el, Ribeiro e Náutico susténtanse sobre piares comúns: “ambos os dous son historia de Galicia, compaxinamos tradición e modernidade e temos novos horizontes”.

A 52ª Regata Ribeiro Rías de Galicia celebrarase do 13 ao 16 de agosto próximo coas mesmas etapas que na edición de 2014 (Vigo-Sanxenxo, Sanxenxo-A Pobra, A Pobra-Combarro e Combarro-Vigo). Un brinde con viño da D.O. Ribeiro pechaba a posta en escena dun patrocinio histórico.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información