A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A D.O Ribeiro recibe este fin de semana un tren turístico dentro do programa “Galicia a todo tren”

Éxito de participación nos trens turísticos ao Ribeiro, promovidos por Turgalicia, Inorde e Renfe.

A D.O Ribeiro recibe este fin de semana un tren turístico dentro do programa “Galicia a todo tren”

Rogelio Martínez, Nava Castro e Miguel Ángel Diéguez

O pasado domingo, 26 de xullo, un novo tren turístico, promovido por Renfe, Inorde e Turgalicia parou en Ribadavia, para coñecer o seu Casco Histórico, o Mosteiro de San Clodio, (hoxe hotel monumento da Cadea Eurostars), e o milenario Castro de San Cibrao de Las.

O grupo do tren turístico, acompañado de una Guía oficial, gozou dun túnel de viños ofrecido polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, e contou coa visita de Dona Nava Castro, Secretaria Xeral de Turismo de Galicia, quen veu a coñecer de primeira mao o servizo ofrecido, premiado en Fitur 2015 como mellor produto de turismo activo nacional na modalidade de Cultura Nacional 2014

Con este percorrido os visitantes, achegados de todas as partes de Galicia, península e internacionais, volverán a Ourense con una boa idea dos viñedos mais populares, e antigos de Galicia.

Este e o segundo ano que se ven facendo esta actividade, que dura os meses de Xuño a Setembro. Este orixinal servizo turístico vaise consolidando con crecente número de persoas interesadas en una xornada singular para pasar un dia familiar descubrindo os aromas e singularidades dos múltiples recantos turísticos que temos en Galicia.

Máis información:
Horarios e billetes: www.renfe.es / mais información: 661 209 982

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *