A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A D.O Monterrei promociona os seus viños este fin de semana en Verín

A D.O Monterrei impulsa unha nova acción de promoción dos seus viños no marco da Feira de Lázaro 2016, en Verín. Esta acción articúlase conxuntamente coa Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM)

A D.O Monterrei promociona os seus viños este fin de semana en Verín

Os visitantes que se acheguen este fin de semana ao Pavillón dos Deportes de Verín poderán degustar viños ofrecidos pola D.O Monterrei e petiscos servidos pola Asociación de Hostaleiros da comarca (AEHCOM), no marco dunha caseta compartida que se poñerá en marcha con motivo da Feira de Lázaro 2016. Deste xeito, a D.Ou e AEHCOM dan continuidade á liña de actuación de promoción conxunta dos seus produtos iniciada o pasado ano con motivo da Feira do Viño de Monterrei.

Así, o espazo expositivo común que habilitarán a D.O e AEHCOM no Pavillón dos Deportes de Verín, poñeranse á venda viños de Monterrei e petiscos realizados polos diferentes restaurantes integrados na asociación. O prezo de cada consumición será de 1,5 euros (tanto para o viño, como para o petisco). “O obxectivo é dar a coñecer os produtos da zona e potenciar o seu consumo”, sinala a presidenta da D.O de Monterrei, Asunción Rodríguez Zarraquiños.

Durante as mañás do sábado e do domingo, a caseta permanecerá aberto de 10 a 14 horas e, polas tardes, abrirá entre as 16 e as 22 horas (na xornada do sábado) e ata as 21 horas (na do domingo).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información