Xornadas de campo en Mouriscade sobre ensaios con millo forraxeiro

Xornadas de campo en Mouriscade sobre ensaios con millo forraxeiro

Este mércores e xoves máis de 100 persoas entre gandeiros, técnicos e integrantes dos equipos de vendas de cooperativas do sector acudirán á Finca experimental Mouriscade (Lalín), centro dependente da Deputación de Pontevedra para ver a evolución de distintos ensaios de cultivos de millo tratados con diversos fertilizantes e fitosanitarios. As xornadas está organizadas pola cooperativa DELAGRO.

O mércores terá lugar a xornada máis técnica, dirixida a técnicos e comerciais, coa participación de especialistas das firmas presentes. Verán comparativas sobre a adaptación das diferentes variedades de millo, profundarase nas solucións nutritivas máis produtivas, nas dirixidas á eliminación de malas herbas e analizarase a calidade dos silos provenientes dos distintos ensaios.

Tamén se informará sobre as novidades da PAC e farase unha demostración con drons. Finalmente realizarase unha visita aos campos de ensaio de fertilización, fitosanitarios e sementes de millo.

O xoves serán os gandeiros e persoal de cooperativas que lles acompañan os que visiten as fincas e coñezan os resultados dos ensaios realizados, así como a función da tecnoloxía na agricultura de precisión a través a utilización de drons.

Programa:

Mércores: Xornada destinada a técnicos e equipos de ventas de cooperativas.
Xornada técnica Cultivo de Millo.

9:30 h Recepción- Café de benvida.

9:55 h Inauguración da conferencia e presentación dos relatores.

Eva Vilaverde- Deputada Delegada de la Finca Mouriscade.
Xavier Caneda- Responsable do Dpto. de Produción vexetal en Delagro.
Gustavo Espinosa- Responsable do Dpto. Comercial en Delagro.

10:15 h Limagrain Ibérica: Ensaios de adaptación das diferentes variedades de millo.

Julio del Rio – Xefe Rexional Noroeste Limagrain Ibérica
Enrique González – Delegado Comercial Limagrain Ibérica
Gustavo García – Xefe de producto millo e forraxes

10:45 h Yara Iberian: Solucins nutritivas. Importancia do Selenio.

Luis Ángel López Fernández – Responsable Agronómico Región Mediterránea
Germán Martos – Director Comercial

11:15 h Novas da PAC. Higinio Mougan. Xerencia en Unión de Cooperativas AGACA

11:45 h Laboratorio de Mouriscade: María Hermida-Responsable do laboratorio. Resultados, Balance e Análise da calidade dos silos.

12:15 h Sapec Agro: Marcos Fernández-Delegado comercial. Ensaios sobre a aplicación de solucións fronte as malas herbas.

12:30 h Dronalia: Iago Conde – CEO Dronalia. Aplicación das novas tecnoloxías á agricultura de precisión.

12:45 h Traslado a Campo

13:00 h Xornada de Campo: Visita ós campos de ensaio de:

Fertilización, Fitosanitarios e Sementes de millo

15:00 h Comida de cortesía.

Xoves: : Encontro de Gandeiros. Desprazamento ós ensaios realizados: Destinada a gandeiros e persoal acompañante de cooperativas

11:00 h Recepción-Café de benvida. Inauguración y presentación dos relatores, a cargo de Xavier Caneda- Responsable do Dpto. de Produción vexetal de Delagro e Gustavo Espinosa- Responsable del Dpto. Comercial de Delagro.

11:30 h Breve exposición dos ensaios realizados por parte de todos os colaboradores.
12:00 h Breve circuíto con desprazamento dos asistentes a los campos de ensaio. Explicación dos traballos realizados e resultados obtidos.

Abonado
Fitosanitarios
Sementes
Drons

14:30 h Comida de cortesía.
Clausura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información