A Asociación de Estudantes de Medicina Veterinaria da Universidade de Tras os Montes organiza o 15 e o 16 de febreiro as primeiras xornadas clínicas de produción de leite, que terán lugar en Povoa do Varzim, no Espaço Agros. A actividade, que ten un custo de inscripción que oscila entre os 30 e os 45 euros, conta co programa que se detalla embaixo.
As xornadas portuguesas desenvolveranse na semana previa a Cimag-Gandagro, a gran cita do sector gandeiro do noroeste, que se desenvolverá en Silleda, no recinto feiral da Semana Verde, do 21 ó 23 de febreiro.
I Xornadas Clínicas de Produción de Leite (Póvoa do Varzim, Portugal)
15 de febreiro
9 h. – Apertura.
9.30 h. – ‘Estratexias para o uso responsable de antibióticos nas explotacións de vacún de leite’ (Marisa Bernardino).
10.15 h. – ‘O papel da vacunación no control dos principais axentes causantes da mastite’ (Deolinda Silva).
11 – Café.
11.30 h. – O laboratorio na gandería (Ricardo Bexiga).
12.15 h. – Reprodución en vacún de leite (Pedro Meireles).
13 h. – Comida.
15 h. – ‘O muxido como factor que inflúe na calidade do leite’ (Luis Pinho).
15.45 h. – ‘Lesións podais en bovinos de leite: tratamento ou prevención’ (Richard Touret).
16.30 h. – Café.
17 h. – Mesa redonda.
18.30 h. – Café.
21 h. – Cea.
16 de febreiro
9.30 – Apertura.
10.15 h. – ‘Dez anos de Bovicontrol: programa voluntario de control de BVD, IBR, Neo e Paratuberculose: ó éxito da bioseguridade’. (Adelaide Pereira).
11 h. – Café.
11.30 h. – ‘Xestión da gandería: datos e tecnoloxía’ (Luis Figueirido).
Nota: 2 conferencias pendentes de definir para o día 16.
13 h. – Almorzo.
15 h. – Obradoiros de traballo (Inscripción separada).